CONCELLO

O Concello celebra a Xornada de portas abertas

19/04/2006

O pazo de Raxoi, sede da Administración local, celebra ao longo do xoves día 20 de abril unha xornada de portas abertas a todos os cidadáns e turistas que queiran coñecer as súas dependencias. Con esta xornada preténdese achegar a Administración Local aos cidadáns, e que poidan coñecer de primeira mao o seu funcionamento. A entrada ao Concello é libre, en horario de 10.00 a 19.00 horas. Aínda que se entregará un folleto explicativo da historia do pazo de Raxoi, haberá un monitor pola mañá...

Ler máis

FUNDACIÓN GRANELL

Congreso Interdisciplinar Eugenio Granell

12/04/2006

Os días 25, 26 e 27 de abril a Fundación Granell, sita no Pazo de Bendaña, acollerá o Congreso Interdisciplinar Eugenio Granell, organizado pola propia Fundación, a Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales (SECC) e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela.

Ler máis

CONSORCIO DA CIDADE

Santiago acollerá en Semana Santa un Festival de Músicas Contemplativas

10/04/2006

O Consorcio de Santiago de Compostela organiza o Festival de Músicas Contemplativas, orientado a abrir un proceso estable de Acción Cultural no Patrimonio e iniciar así unha oferta musical inexistente ata agora na cidade. Preténdese que o novo festival musical actúe como complemento cultural do programa de Semana Santa, ampliando a oferta aos múltiples visitantes foráneos e habitantes da cidade.

Ler máis

VI Campaña de Animación á Lectura

As librerías de Santiago acollerán sesións de contacontos

10/04/2006

Sete librerías e espazos de lectura de Santiago acollerán a partir do día 19 deste mes diversas sesións de contacontos, presentacións de libros e encontros con autores e ilustradores, como complemento á VI Campaña de Animación á Lectura "Un dous tres, que les?" que o Concello de Santiago organiza na Galería Sargadelos, coordinadas pola editorial Kalandraka.

Ler máis

CULTURA

Inaugúrase a exposición de Xurxo Lobato en 'Niteroi: encontro con España'

10/04/2006

Dentro da súa participación no evento Niteroi: encontro con España, que se está a celebrar no Brasil, Compostela inaugurou a exposición de Xurxo Lobato Galiza: Camiño Celeste. Á inauguración, que foi no Museo do Ingá, asistiron, ademáis do concelleiro de cultura de Compostela, Néstor Rego e do propio Xurxo Lobato, o secretario (concelleiro) de Cultura da cidade, Marcos Gomes, a vice-secretaria, Danielle Nigromonte, a presidenta da Fundación de Arte de Niteroi, Marilda Ormy e o director do Museo, Angelo...

Ler máis
Compartir: