TURISMO
A Asemblea de alcaldes das Cidades Patrimonio aproba en Fitur incrementar as accións de promoción internacional da man da Secretaría de Estado de Turismo
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou esta mañá nos actos do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España en Fitur, onde tamén se presentou a Semana Santa de Santiago.
ALCALDÍA
O Paseo Central da Alameda acolle ata o 15 de febreiro a exposición "Compostela, un ano de Voz"
A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, e o responsable de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Gonzalo Muiños, asistiron hoxe á inauguración da exposición fotográfica "Compostela, un ano de Voz". No acto tamén estaban presentes membros dos distintos grupos da Corporación Muncipal: Alejandro Sánchez-Brunete, Ramón Quiroga e José Antonio Constenla polo PP; Martiño Noriega por Compostela Aberta; e Goretti Sanmartín e Navia Rivas polo BNG.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música celebra o Día da Paz cun concerto de Zomby Woof
A Escola Municipal de Música de Santiago organiza coma todos os anos unha actividade enmarcada na celebración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Xornada xuvenil de interculturalidade no Centro Sociocultural de Vite
O centro sociocultural de Vite, en colaboración con outras entidades de Compostela, vai a desenvolver o vindeiro dia 25 de xaneiro unha xornada de participación xuvenil, adicada a Interculturalidade e orientada á mocidade de 14 a 18 anos.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O proxecto europeo TRAFAIR permitirá instalar 10 sensores de calidade do aire nas zonas de máis intensidade de tráfico de Santiago
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, pechou hoxe o acto de apertura da xornada do proxecto TRAFAIR, celebrada no edificio Cersia Empresa, no que destacou a importancia da calidade do aire na saúde da cidadanía e a incidencia do tráfico no mesmo. A través deste proxecto, en Compostela instalaranse 10 sensores de calidade do aire nas zonas de máis intensidade de circulación. Isto proporcionará unha imaxe en tempo real das condicións do aire nos momentos de maior conxestión do tráfico, para así...
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar os últimos asasinatos machistas, acontecido en Toledo e Granada.
ALCALDÍA
A exposición "Deconstruír o franquismo" poderá verse na Alameda ata o 6 de febreiro
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e os voceiros dos grupos municipais do PP, Alejandro Sánchez-Brunete; de Compostela Aberta, Martiño Noriega; e do BNG, Goretti Sanmartín; asistiron hoxe á inauguración da exposición "Deconstruír o Franquismo en Santiago de Compostela", que se poderá ver no Paseo Central da Alameda ata o 6 de febreiro.
TURISMO
O Grupo de Cidades Patrimonio presenta en Fitur o Plan de acción anual con Paradores
As Cidades Patrimonio da Humanidade de España desenvolven, como vén sendo habitual, un programa conxunto en Fitur, onde celebrarán a súa Asemblea xeral e presentarán o Plan de acción anual con Paradores. A ambos eventos, que terán lugar o venres 24 de xaneiro, asistirá o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
ALCALDÍA
Primeira reunión para a constitución da Comisión Municipal do Peleteiro
A devandita comisión estará integrada por dous representantes de cada grupo con representación municipal e presidida polo alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo.
POLÍTICAS SOCIAIS
O "II Concerto Benéfico NormalizAutismo" celebrarase o vindeiro 7 de febreiro no Teatro Principal
Guadi Galego, Luís Fercán, Yoli Saa, Jorge Casal, Xabier Vizcaíno, Vicky Gastelo e Adriana Moragues estarán entre os cantautores que actuarán neste "II Concerto Benéfico NormalizAutismo", que foi presentado hoxe en rolda de prensa pola concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro. A recadación deste concerto irá destinada integramente ao desenvolvemento de campañas informativas e de sensibilización para a visualización e mellor comprensión das afeccións que acompañan ao...