CONSORCIO
O Consorcio destinará este ano máis de 3,6 millóns de euros á rehabilitación e restauración de inmobles de valor histórico e patrimonial
O Consorcio de Santiago celebrou esta tarde o seu Consello de Administración, presidido polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. Estiveron representadas as tres Administracións consorciadas, a través dos dous vicepresidentes do Consorcio, Pilar Paneque, subsecretaria de Facenda, e Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia; e por parte do Concello de Santiago, ademais do alcalde, participaron os concelleiros Agustín Hernández, Francisco Reyes e Goretti...
DECLARACIÓN
A Corporación amosa o seu apoio ao persoal do aeroporto que demanda a AENA o mantemento do servizo de cantina
A Sala de Prensa do Pazo de Raxoi acolleu hoxe a lectura da declaración institucional asinada polos catro grupos municipais en apoio ao persoal do aeroporto Rosalía de Castro, que vén amosando a súa preocupación pola situación da cantina da instalación, que sairá a licitación de maneira independente das tres cafeterías de uso público.
ALCALDÍA
Santa Marta, Abastos e Pontepedriña acollen tres novos roteiros de Os Quinquilláns co gallo da Festa do Banquete
Vai quedando menos para a segunda edición da Festa do Banquete, que este ano terá lugar os días 3, 4 e 5 de maio no barrio de Conxo. Por iso, o grupo teatral Os Quinquilláns ofrecerá tres novos roteiros teatrais por Compostela.
DEPORTE
Aberta ata o 2 de maio a inscrición para a XV Andaina dos 50 km
O Club Deportivo Fontiñas organiza unha nova edición da Andaina dos 50 km de Santiago, incluída na Copa de Andainas da Federación Galega de Montañismo. A proba foi presentada esta mañá pola concelleira de Deporte, Noa Morales, e polo responsable da sección de Montañismo do Club, Iñaki Bilbao.
MOCIDADE
O 2 de maio bota a andar a segunda edición de "Hortalíza-TE", que formará a mocidade no coidado de hortas urbanas
Xa está todo listo para a segunda edición da actividade Hortalíza-TE, unha das máis votadas nos últimos dous procesos de orzamentos participativos de Mocidade. Da acción, que botará a andar o vindeiro 2 de maio, deron conta hoxe a concelleira de Mocidade, Noa Morales, e a coordinadora da actividade, María Luz Eyo.
CONSORCIO
O recoñecido oboísta alemán Stefan Schilli formará a músicos/as galegos/as
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos/as. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do aclamado oboísta alemán Stefan Schilli. Xunto aos alumnos e alumnas da Escola, tamén poden asistir músicos/as externo/as ao centro.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este sábado en Olot (Girona).
ESPAZOS CIDADÁNS
O aparcadoiro da Pontepedriña empezará a rexerse pola ORA para garantir a rotación
Nos próximos días comezarán os traballos para sinalizar a nova zona ORA do aparcadoiro da Pontepedriña, así como para a instalación dos elementos necesarios para controlar o acceso e estacionamento dos vehículos nesta área. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, deu hoxe os detalles do acordo adoptado na última Xunta de Goberno, polo que se habilitará a zona azul no aparcamento situado baixo o viaduto ferroviario. Esta área, como o resto do sistema ORA,...
ACCIÓN CULTURAL
Nace o Roteiro Virtual da Lírica Medieval, un novo instrumento para coñecer e promocionar Compostela
Redescubrir Compostela da man da lírica medieval e redescubrir as cantigas galego-portuguesas a través de lugares referenciais de Santiago. É o dobre obxectivo do Roteiro Virtual da Lírica Medieval, creado por un equipo de investigadores e investigadoras vinculadas á Universidade de Santiago, co apoio da Concellaría de Acción Cultural. Trátase dunha web, roteiroliricamedieval.gal, que recolle referencias aos autores.../a>
ALCALDÍA
A Corporación acudiu á tradicional cita do Día de Santiago en Padrón
Como cada luns de Pascua, hoxe celebrouse o Día de Santiago en Padrón. Unha delegación municipal, encabezada polo alcalde, Martiño Noriega, desprazouse á vila veciña para celebrar esta xornada, que serve para que Compostela e Padrón reforcen os seus lazos de irmandade.