REAL FILHARMONÍA
Ros Marbà dirixe O Mesías de Haendel coa Real Filharmonía de Galicia
O xoves 22 de decembro ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, auspiciada polo Consorcio de Santiago, baixo a dirección do mestre titular Antoni Ros Marbà, dirixirá O Mesías de Haendel.
POLÍTICA LINGÜÍSTICA
Entréganse os premios Manuel Beiras 2005
O Alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o Presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey Carril, presidirán o acto de entrega dos Premios "Manuel Beiras 2005" durante a noite do martes 20 de decembro. Ao acto asistiron tamén o Concelleiro de Normalización Lingüística, Manuel Portas Fernández, e o presidente do xurado, Evaristo Nogueira, entre outros membros do xurado e de diversas entidades relacionadas co idioma e co mundo empresarial.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Nadalxogo, nova cita cos rapaces no tempo de Nadal
Unha nova edición de Nadalxogo, espazo de lecer para os rapaces da cidade convertido xa nunha cita tradicional do Nadal, comezará a desenvolverse desde o martes 27 de decembro ata o mércores, 4 de xaneiro, no Multiusos Fontes do Sar.
ALCALDÍA
Chao Rego, nomeado Fillo Adoptivo da cidade de Compostela
Nun entrañábel acto e rodeado dos seus familares e amigos, o filósofo, teólogo, mestre e ensaísta Xosé Chao Rego foi nomeado Fillo Adoptivo da cidade o sábado 17 de decembro na Casa do Concello.
URBANISMO
A rúa Frei Rosendo Salvado, aberta de novo a vehículos e peóns
A inauguración da reurbanización das rúas Ramón Cabanillas e Frei Rosendo Salvado tivo lugar o sábado 17 de decembro.
PERSOAL
Recepción aos traballadores xubilados do ano 2005
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu na mañá do luns 19 de decembro aos tres traballadores do Concello que se xubilan este ano.
AUDITORIO DE GALICIA
Manuel Valdivieso dirixe á RFG nun concerto familiar con sons sudamericanos
Este sábado 17 de decembro ás 19 horas é unha ocasión para o achegamento dos pais con seus fillos a escoitar unhas obras na que o protagonista é o bandoneón, un instrumento da familia dos acordeóns cun son moi particular. Os nenos menores de 14 anos poderán asistir gratis
EDUCACIÓN
Premios para os pequenos deseñadores dos carteis de Nadal
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, fixeron entrega dos premios do Concurso de carteis e programa de Nadal 2005, convocados polo Departamento de Educación entre os alumnos dos centros de ensino do municipio.
CIDADE
O centro de recursos da Asociación Down Compostela xa ten a súa primeira pedra
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu xunto ao Vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, á ao acto de colocación da primeira pedra do centro de recursos da Asociación Down Compostela no barrio de Conxo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A Cámara de Comercio inaugura un viveiro empresarial no Polígono da Costa Vella
O 15 de decembro tivo lugar a inauguración do novo viveiro empresarial da Cámara de Comercio de Compostela, á que asistiu o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo.