DEPORTES
Andrés Fariña: "É difícil trasladar á conciencia de todos as dificultades que pasan outros semellantes"
A Fundación Compostela Deporte acolleu a presentación do Torneo Solidario, enmarcado dentro da Campaña de Operación Quilo, organizada polo Centro Don Bosco, o CD Belvís e o CD Bosco, e que conta coa colaboración do Concello de Santiago e da Fundación. A Campaña ten a finalidade de axudar ás familias compostelás con necesidades básicas e colaborar cun proxecto de alfabetización en Angola. O concelleiro de Deportes e vicepresidente da Fundación, Andrés Fariña, subliñou a importancia...
EDUCACIÓN, DEPORTES E FESTAS
Un espectáculo de arte acrobática chinesa abre unha nova edición de Nadalxogo
Como cada Nadal, os máis pequenos teñen unha cita no Multiusos Fontes do Sar con Nadalxogo. Do 25 de decembro ao 4 de xaneiro, de 17:00 a 21:00 horas, o público infantil e xuvenil poderá acceder a unha atractiva oferta de actividades con obradoiros, teatro, contacontos, deportes e moito máis.
COMERCIO
A tenda de moda Saturna gaña a edición de Nadal do Concurso de Escaparatismo
A edición de Nadal do V Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping xa ten gañador. Trátase da tenda de moda Saturna, cuxo escaparate chamou a atención do xurado entre os 34 presentados. O segundo clasificado foi o estabelecemento de complementos infantís Pío Pío, e o terceiro a tenda de comercio xusto Panxea.
EDUCACIÓN
AGADEA, María Jesús Iglesias e Xosé Luis Veiga gañan a XVI edición dos Premios Vagalume
A Asociación Galega de Familiares para a Axuda dos Enfermos don Demencia tipo Alzheimer (AGADEA), na modalidade colectiva, e María Jesús Iglesias Gómez e Xosé Luís Veiga Goy, na categoría individual, recibiron os premios como gañadores da XVI edición dos Premios Vagalume. Estes galardóns recoñecen o traballo de colectivos ou persoas individuais que desenvolven as súas actividades cunha clara vocación social en Santiago.
ALCALDÍA
O barrio das Fontiñas festexou a súa exemplar traxectoria
A recente concesión do premio de arquitectura Philippe Rothier 2008 á Mellor Calidade de Ampliación da Cidade nos últimos 25 anos foi o motivo escollido polo Concello para celebrar un acto lúdico cos veciños e veciñas deste barrio exemplar.
CULTURA
Concerto especial de Nadal da Banda Municipal de Música
O Teatro Principal acollerá o domingo 21, ás 12:00 horas, un concerto especial de Nadal da Banda Municipal de Música. O crebanoces, de Piotr Ilich Chaikovsqui, será a obra protagonista dunha sesión na que a narración correrá a cargo de Santi Prego.
ALCALDÍA
O Hórreo aspira a ser o balcón de Compostela
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou publicamente o anteproxecto de urbanización sobre o paso inferior do Hórreo que lle vén de presentar á secretaria de Estado de Infraestruturas, Josefina Cruz. A iniciativa, denominada "Balcón de Compostela", pretende transformar a superficie desta zona nun bulevar con mirador.
ALCALDÍA
O alcalde anima aos composteláns a patinar sobre o xeo no recinto de Amio
A pista de xeo do recinto feiral de Amio xa está aberta ao público e así permanecerá ata o 25 de xaneiro. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou esta nova edición, con amplitude de horarios e transporte público para que todos poidan gozar desta actividade.
FESTAS
Quince corais da cidade poñen voz ao Nadal
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou o certame "Corais do Nadal", que levará á praza do Toural aos máis de 400 integrantes de 15 corais da cidade. Os concertos de panxoliñas celebraranse os días 20, 21 e 23 de decembro a partir das 19:00 horas.
ALCALDÍA
O alcalde agradece o esforzo dos traballadores municipais para facer de Compostela unha cidade modélica
Os traballadores do Concello foron recibidos no Salón Nobre de Raxoi polo alcalde e polo resto da Corporación. Neste tradicional cita de Nadal, Sánchez Bugallo desexoulles a todos un bo Nadal e un venturoso 2009.