CULTURA
Continúa aberta a inscrición para todos os nenos e voluntarios adultos que queiran participar na Cabalgata de Reis
O Concello de Santiago está xa traballando na organización da Cabalgata de Reis 2015 e este ano, como novidade, e ante a demanda que todos os anos se xera entre os nenos e nenas por formar parte da comitiva dos Reis Magos ou das diversas carrozas, realizará un sorteo entre todos os nenos e nenas interesados para que participen.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello mellorará a rede de saneamento de Bornais (O Eixo) e de Cima da Eira (Vite)
A Xunta de Goberno deu o visto bo ao financiamento do proxecto de substitución da rede de saneamento no lugar de Bornais, na parroquia do Eixo, por un importe de 148.777 euros, con cargo ao programa complementario do Plan de Obras e Servizos 2014 da Deputación da Coruña. O prazo de execución estimado para as obras é de catro meses.
XUNTA DE GOBERNO
Avanza a tramitación para a posta en marcha do aparcadoiro disuasorio en Pontepedriña
Continúa avanzando o procedemento administrativo para por en marcha o estacionamento disuasorio de Pontepedriña. Así, a Xunta de Goberno aprobou o convenio a subscribir co ADIF para a concesión que permita a ocupación dos terreos da súa propiedade baixo o viaduto ferroviario.
XUNTA DE GOBERNO
Iniciados os procedementos de adxudicación da humanización de Montero Ríos e da demolición da Casa da Xuventude
A Xunta de Goberno abriu o procedemento de adxudicación da demolición da Casa da Xuventude, na praza do Matadoiro, que facilitará o acceso ao parque de Belvís. Tamén se iniciaron os trámites para determinar a empresa que executará as obras de humanización da rúa Montero Ríos.
XUNTA DE GOBERNO
A posta en servizo do tramo Pontepedriña-Ponte San Lázaro do colector xeral permitirá finalizar o saneamento do río Sar
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a aprobación pola Xunta de Goberno do convenio a subscribir polo Concello coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para a finalización das obras de saneamento do Sar e para a cesión do mantemento e xestión do conxunto das actuacións neste río.
XUNTA DE GOBERNO
O Premio Internacional "Compostela" de Álbums Ilustrados alcanza a súa VIII edición
Despois da recente entrega do premio da 7ª edición do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, a Xunta de Goberno aprobou as bases que rexerán a oitava edición en 2015. O certame repetirá dotación, 9.000 euros, dos que o Concello achega 8.000 e 1.000 a editorial Kalandraka, que edita a obra.
ALCALDÍA
O alcalde de Santiago reuniuse co director de Estratexia da compañía Vueling
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co director de Estratexia de Vueling, Fernando Estrada, na que abordaron a implantación da compañía no aeroporto de Lavacolla.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago inicia as obras na igrexa de Santa María de Figueiras
A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago acaba de comezar as obras na igrexa de Santa María de Figueiras, centradas na cuberta e nos remates exteriores e interiores do templo, co fin de resolver o problema de entrada da auga da choiva a través do campanario e que afecta ao inmoble. Os traballos, adxudicados á empresa Rehabilita, Gestión Integral de Rehabilitaciones y Restauración, S.L., está previsto que rematen nun máximo de tres meses. O orzamento global da intervención ascende aos 22.687,50 euros.
ALCALDÍA
Agustín Hernández recibiu a ministra de Turismo de Paraguai, Marcela Bacigalupo
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, reuniuse no Pazo de Raxoi coa ministra de Turismo de Paraguai, Marcela Bacigalupo. A dirixente asinou no Libro de Honra do Concello.
EDUCACIÓN
Aínda quedan prazas no programa municipal de conciliación de Nadal
Ata o venres 5 de decembro estará aberta a inscrición no programa de conciliación familiar e laboral para este Nadal 2014, organizado pola Concellería de Educación. Non obstante, a matrícula permanecerá aberta mentres existan vacantes.