BENESTAR ANIMAL
Continúan as charlas sobre tenza responsable de animais nos centros socioculturais
A Concellaría de Benestar Animal está aproveitando as datas do Nadal para impartir charlas sobre tenza responsable de animais, en colaboración co club de fans Só lles Falta Falar. Para esta semana están previstas dúas sesións: o mércores 28, ás 11:00 horas, no Centro Sociocultural de Santa Marta, e o xoves 29, ás 19:30 horas, no Centro Sociocultural de Vite.
CONVIVENCIA
A Policía Local de Santiago custodia máis dun milleiro de obxectos perdidos
A Policía Local de Santiago custodia nas súas dependencias da Costa do Cristo máis dun milleiro de obxectos perdidos, á espera de seren entregados aos seus propietarios. Os teléfonos móbiles son maioría na lista de pertenzas extraviadas, na que tamén figuran numerosas carteiras, documentación e maletas.
FACENDA
O Goberno local presenta un proxecto de orzamentos para o 2017 expansivo, participativo e con marcado carácter ecosocial
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, presentou esta mañá o borrador que o Goberno local elaborou para os orzamentos de 2017. Trátase dun proxecto coral resultado de varias xuntanzas e conversas cos partidos da oposición, nomeadamente BNG e PSOE.
NADAL 2016
Funk e soul para despedir o ano na praza do Obradoiro
O Concello anima á cidadanía a despedir o ano na praza do Obradoiro cunha gran festa na que a música será a protagonista. As celebracións comezarán ás 23:15 horas, con parada para as badaladas, que serán retransmitidas en directo pola Televisión de Galicia. Para cumprir coa tradición, o Concello repartirá mil bolsiñas con uvas e outras tantas bolsas de cotillón ás mil primeiras persoas en chegar á praza.
DEPORTE
Martiño Noriega visita o Campus Vero Boquete
O alcalde saudou esta mañá as/os participantes no VI Campus de Fútbol Vero Boquete, que se celebra ata o mércores en varias instalacións deportivas municipais. Martiño Noriega estivo acompañado pola concelleira de Deporte, Noa Morales.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Uns 70 nenos e nenas participan no Programa Municipal de Conciliación de Nadal nos CEIP Fontiñas e Raíña Fabiola
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visitou esta mañá o CEIP das Fontiñas, onde deu comezo o Programa de Conciliación do Nadal, que se desenvolve no CEIP mencionado e no Raíña Fabiola. Esta proposta educativa vén a sumarse á ampla programación cultural e educativa da cidade nestas datas.
CONSORCIO
O Consorcio promoveu en 2016 sete exposicións vinculadas á cidade, que atraeron uns 22.000 visitantes á Casa do Cabido
O Consorcio de Santiago promoveu en 2016 un total de sete exposicións vinculadas á cidade. A Casa do Cabido recibiu ao longo do ano uns 22.000 visitantes interesados/as nalgunha destas mostras.
NADAL 2016
Contos, cantos, xogos e gastronomía de Nadal nos centros socioculturais
Os centros socioculturais serán ao longo desta semana algúns dos principais escenarios das actividades de Nadal organizadas polo Concello, nas que os contos e os cantos seguirán sendo protagonistas. Unha das propostas máis chamativas para os vindeiros días son as novas sesións de Bicoca de boca en boca, as sesións dirixidas por Celso Fernández Sanmartín que teñen como obxectivo xuntar a novos e maiores para que compartan as súas experiencias en relación ao Nadal.
XUNTA DE GOBERNO
Resolta a convocatoria de residencias na Sala Agustín Magán de Santa Marta
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a resolución da convocatoria de residencias para proxectos de artes escénicas na Sala Agustín Magán. Esta foi a primeira convocatoria deste tipo para ese espazo do Centro Sociocultural de Santa Marta, e non suporá custo ningún para o Concello máis alá do apoio loxístico e técnico que se lles poida prestar ás compañías seleccionadas no proceso.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local confía en abrir o novo centro sociocultural do Romaño antes da primavera
O alcalde mostrou hoxe o seu convencemento de que o novo centro sociocultural do Romaño abrirá as súas portas antes da primavera. Martiño Noriega lembrou que esta infraestrutura está financiada con cargo a fondos europeos, dentro do programa Urbana Santiago Norte, e é preciso ter xustificados eses gastos antes do mes de marzo.