MULLER

A inserción de prostitutas na sociedade, meta do programa Vagalume

27/09/2005

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e José Montes, presidente de Cáritas Diocesana de Santiago, asinaron un convenio para poñer en marcha o programa Vagalume, que busca a inserción na sociedade de mulleres que se adican á prostitución. O Concello, que leva colaborando con esta institución varios anos, achega 20.000 euros.

Ler máis

EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN

As Xornadas de Cultura Uruguaia traerán candombe e murgas a Compostela

27/09/2005

As xornadas, abertas aos composteláns de todas as idades, inclúen conferencias, concertos, danza e unha mostra do folcklor uruguaio, achegando á sociedade galega unha mostra das diferentes facetas culturais de Uruguai. Están organizadas polo Consultado Xeral de Urugai, o Concello de Santiago e a Asociación de Uruguaios en Compostela.

Ler máis

ALCALDÍA

Ministros iberoamericanos de Agricultura reúnense en Santiago para falar da trazabilidade alimentaria

26/09/2005

A ministra de Agricultura, Elena Espinosa, xunto ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o viceministro de Agricultura e Gandería de Costa Rica, Walter Ruiz Valverde, inauguraron a VIII Conferencia Iberoamericana de Ministros de Agricultura, preparatoria dun cumio que reunirá a xefes de estado e de goberno en outubro en Salamanca.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A rede de Centros Socioculturais celebra a segunda edición das Xornadas de baile popular e de salón

26/09/2005

Por segundo ano consecutivo, a Rede de Centros Socioculturais promove unhas Xornadas de baile popular e de salón que, durante cinco días promocionarán diversas disciplinas danzísticas para atraer a novos públicos aos centros socioculturais e ás escolas de Santiago. O programa inclúe cursos intensivos de danza tradicional, técnica pilates, danza do ventre, capoeira, bailes de salón e danza moderna.

Ler máis
Compartir: