CIDADES PATRIMONIO
As 15 cidades patrimonio da Humanidade traballan para reorientar as estratexias de turismo na situación actual
A Comisión de Turismo do Grupo, formada polos técnicos de Turismo das 15 cidades que forman a rede, mantivo unha xuntanza telemática na que se analizaron as conclusións da III Fase do Observatorio Turístico do Grupo, un estudo financiado pola Secretaría de Estado de Turismo desde 2018 e que ten como fin analizar cada ano os datos de viaxeiros nestes destinos para optimizar e adaptar a promoción turística e campañas estratéxicas. Este estudo xa foi presentado o pasado 13 de outubro aos concelleiros da rede.
ACCIÓN CULTURAL
O Festival Atlántica volve este outono para completar a súa oitava edición
Tras a interrupción de marzo por mor da declaración do estado de alarma, o Festival Atlántica vén de anunciar a continuación da súa oitava edición, que se vai celebrar entre novembro e decembro. A presentación tivo lugar este xoves, 29 de outubro, nunha rolda de prensa na que participaron Mercedes Rosón, primeira tenente de alcalde e concelleira Responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela; e Soledad Felloza, directora do Festival Atlántica.
PLENO
O pleno aproba dúas declaracións institucionais para nomear fillo adoptivo ao profesor e escritor Manuel Quintáns e para recuperar os servizos ferroviarios suprimidos en Galicia
Na sesión ordinaria do mes de outubro o pleno da corporación deu luz verde a dúas declaracións institucionais e a unha moción conxunta dos catro grupos municipais para reiterar o compromiso do Concello coa igualdade e coa loita contra as violencias de xénero.
ACCIÓN CULTURAL
O Concello e a Xunta acordan a composición do grupo de expertos para a recuperación das estatuas do Mestre Mateo
O Concello de Santiago e a Xunta de Galicia veñen de acordar a composición do grupo de oito expertos que analizará as últimas evidencias en torno ás estatuas de Abraham e Isaac, atribuídas ao Mestre Mateo, e valorará liñas de acción conxuntas de cara a súa recuperación para o dominio público.
ALCALDÍA
Primeira valoración do alcalde sobre o proxecto de orzamentos do estado, que "recollen os diferentes compromisos adquiridos con Santiago"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, realizou unha primeira valoración do proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado. Recollen, sinalou, os diferentes compromisos adquiridos con Santiago de Compostela, aínda que, "ao mellor nos houbera gustado unha maior aportación".
Aberto o prazo de inscrición no curso de mestría en compostaxe ata o 2 de novembro
O prazo para solicitar a inscrición rematará o día 2 de novembro ás 08.00 h. Os solicitantes deberán presentar o currículum e unha carta de motivación para acceder a unha das dez prazas que ofrece o curso debido á limitación de aforo.
ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA
Entran en funcionamento a sede e o rexistro electrónicos do Concello
O Concello de Santiago de Compostela activou no día de onte a súa sede electrónica, accesible no enderezo https://sede.santiagodecompostela.gal. Inclúe un acceso ao rexistro electrónico municipal.