POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello de Santiago súmase á celebración do Día Europeo da Síndrome X-Fráxil
Hoxe sábado día 10 de Outubro, X-X en números romanos, celébrase o día Europeo da Síndrome X-Fráxil, unha enfermidade rara pouco frecuente, xenética e hereditaria e moi pouco coñecida. Esta noite o Pazo de Raxoi iluminarase en cor lila para conmemorar esta data.
ACCIÓN CULTURAL
Bota a andar a cuarta edición da SELIC con case medio cento de actividades ata o 18 de outubro
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, achegáronse hoxe ata as sedes nas que este ano se celebra a SELIC, o comedor do Colexio de Fonseca e o espazo de Afundación, na rúa do Vilar. A IV edición da Semana do Libro de Compostela encherá a cidade de actividades para visibiliar o seu potencial editorial e literario.
OBRAS
O Concello de Santiago e a Deputación da Coruña completan a primeira fase das obras de rehabilitación da Casa das Máquinas
O Concello de Santiago e a Deputación da Coruña colaboran na rehabilitación da Casa das Máquinas de Compostela, exemplo de arquitectura industrial e un dos edificios modernistas máis singulares da cidade. As tarefas levadas a cabo no inmoble contaron cun orzamento de 252.056,73 euros, dos cales 201.645,38 euros foron aportados polo ente provincial.