EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Ampliado o Programa de Conciliación de Verán aos días 9 e 10 de setembro
O Departamento de Educación do Concello de Santiago ampliou o Programa de Conciliación Laboral e Familiar aos días 9 e 10 de setembro. Este programa comprende un conxunto de actividades, a desenvolver en instalacións do CEIP Monte dos Postes e do CEIP Vite 1, destinadas á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago.
DEPORTE
Santiago acolle do 10 ao 12 de maio e por segundo ano unha proba do Campionato do Mundo de Enduro
Santiago de Compostela acollerá por segundo ano consecutivo unha proba do Campionato do Mundo de Enduro. Do venres 10 ao domingo 12 de maio, os circuítos dispostos no entorno do Estadio Verónica Boquete e do parque industrial da Sionlla acollerán a preto de 100 pilotos da elite deste deporte de resistencia e habilidade.
CENTROS CÍVICOS
"Vive o Verán" chega a cinco centros cívicos urbanos e catro parroquias para facilitar a conciliación nas mañás de xullo
A Concellaría de Centros Cívicos volve poñer en marcha o programa Vive o Verán para favorecer a conciliación no mes de xullo e tamén, por primeira vez, no mes de agosto. O Departamento oferta 150 prazas para participar nas actividades, que se desenvolverán en cinco centros urbanos, e outras 100 prazas en centros do rural de Compostela. O prazo de preinscrición está aberto dende hoxe mércores ata o 23 de maio.
ACCIÓN CULTURAL
Davide González inaugura en Santiago o programa de Residencias Paraíso 2019
Residencias Paraíso comezou o seu terceiro ano de vida como programa de residencias artísticas de investigación e creación arredor da danza e as artes vivas contemporáneas en Galicia. Os detalles da iniciativa foron presentados pola concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, nunha rolda de prensa na que tamén estiveron Caterina Varela, Félix Fernández e Rut Balbis, do Colectivo RPM; e Davide González, da compañía Incendiaria, residente na Sala Agustín Magán.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago tramita a súa adhesión ao sistema VioGén contra a violencia machista
O Concello de Santiago vén de iniciar os trámites para a súa adhesión, a través da Policía Local, ao sistema VioGén, o sistema de seguimento integral dos casos de violencia machista liderado polo Ministerio de Interior. Este foi un dos asuntos abordados na Xunta Local de Seguridade, celebrada esta mañá baixo a presidencia do alcalde, Martiño Noriega, e da subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Riobóo.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Recepción a alumnado do Colexio La Salle de Dundalk (Irlanda)
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, recibiu un grupo de escolares do Colexio La Salle de Dundalk (Irlanda).