IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este sábado en Olot (Girona).
ESPAZOS CIDADÁNS
O aparcadoiro da Pontepedriña empezará a rexerse pola ORA para garantir a rotación
Nos próximos días comezarán os traballos para sinalizar a nova zona ORA do aparcadoiro da Pontepedriña, así como para a instalación dos elementos necesarios para controlar o acceso e estacionamento dos vehículos nesta área. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, deu hoxe os detalles do acordo adoptado na última Xunta de Goberno, polo que se habilitará a zona azul no aparcamento situado baixo o viaduto ferroviario. Esta área, como o resto do sistema ORA,...
ACCIÓN CULTURAL
Nace o Roteiro Virtual da Lírica Medieval, un novo instrumento para coñecer e promocionar Compostela
Redescubrir Compostela da man da lírica medieval e redescubrir as cantigas galego-portuguesas a través de lugares referenciais de Santiago. É o dobre obxectivo do Roteiro Virtual da Lírica Medieval, creado por un equipo de investigadores e investigadoras vinculadas á Universidade de Santiago, co apoio da Concellaría de Acción Cultural. Trátase dunha web, roteiroliricamedieval.gal, que recolle referencias aos autores.../a>
ALCALDÍA
A Corporación acudiu á tradicional cita do Día de Santiago en Padrón
Como cada luns de Pascua, hoxe celebrouse o Día de Santiago en Padrón. Unha delegación municipal, encabezada polo alcalde, Martiño Noriega, desprazouse á vila veciña para celebrar esta xornada, que serve para que Compostela e Padrón reforcen os seus lazos de irmandade.
CENTROS CÍVICOS
Os centros cívicos celebran o Día Internacional do Libro
As aulas de lectura dos centros cívicos da cidade súmanse á conmemoración do Día Internacional do Libro (23 de abril) con varias actividades de animación á lectura. Así, as instalacións de Vite, A Trisca, O Castiñeiriño, Santa Marta, Conxo e As Fontiñas contarán con obradoiros, xogos e ata un concurso de haikus.
ALCALDÍA
O alcalde reúnese cunha representación do persoal do aeroporto, que demanda a AENA o mantemento do servizo de cantina
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro Rafael Peña, reuníronse esta mañá cunha representación do persoal do aeroporto Rosalía de Castro que, durante as últimas semanas, veñen amosando a súa preocupación polo servizo de cantina do aeroporto, que sairá a licitación de maneira independente das tres cafeterías de uso público.