XUNTA DE GOBERNO
A zona vella contará cun novo centro cívico na Casa Elisa e Jimena Fernández de la Vega, cedida pola USC
A veciñanza da cidade histórica terá ao seu dispor un novo centro cívico nas Casas Reais, na Casa de Elisa e Jimena Fernández de la Vega, antes de que remate este ano. Será nun inmoble propiedade da Universidade de Santiago, que lle cederá o seu uso ao Concello en compensación polo atraso no traslado da Facultade de Odontoloxía, que ocupa un inmoble de titularidade municipal. A Xunta de Goberno aprobou hoxe o texto do convenio que contempla esta operación.
ALCALDÍA
Dezaseis restaurantes de Compostela prepararán pratos de cabra ao abeiro da Festa do Banquete
A nave 5 da praza de Abastos acolleu esta mañá a primeira xornada gastronómica de degustación de cabra das tres que se van celebrar na nosa cidade ao abeiro da Festa do Banquete. A iniciativa, posta en marcha polo Concello e a Asociación Hostalería Compostela, foi presentada esta mañá polo alcalde, Martiño Noriega; a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e a presidenta da Asociación, Sara Santos.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Continúan as actividades do Programa de Conciliación de Semana Santa
O CEIP Raíña Fabiola e o CEIP Monte dos Postes seguen acollendo as actividades do Programa Municipal de Conciliación de Semana Santa, no que participan case 80 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local abre un expediente á empresa encargada da xestión dos centros cívicos
A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar un expediente a Ferrovial, a empresa adxudicataria do servizo de dinamización e mediación sociocultural da Rede de Centros Cívicos, polo incumprimento reiterado das condicións establecidas no seu contrato. O alcalde, Martiño Noriega, deu conta da decisión "que responde ás deficiencias que se veñen observando no funcionamento do servizo e que se poden considerar infraccións moi graves".
OBRAS
O luns empeza a funcionar o ascensor de Triacastela
Despois duns días de probas, o próximo luns empezará a funcionar o ascensor de Triacastela, que conecta os barrios de Fontiñas e Triacastela. A súa instalación supuxo un investimento de 355.000 euros.