CENTROS CÍVICOS
Os centros cívicos celebran o Día do Libro Infantil
As aulas de lectura da Rede de Centros Cívicos súmase á conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil (2 de abril) cun amplo programa de actividades durante todo o mes de abril. As instalación de Vite, Fontiñas, Santa Marta, Conxo, O Castiñeiriño e A Trisca acollen obras de teatro, exposicións e obradoiros, e participan nun concurso de selfies organizado pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil.
CONVIVENCIA
A Policía Local realiza controis de velocidade durante esta semana
A Policía Local de Santiago volve sumarse á campaña especial sobre vixilancia e control de velocidade da DXT. Haberá controis nas principais vías urbanas entre o 1 e o 7 de abril.
DEPORTE
Santiago acolle este domingo a II Milla Urbana "Portas de Compostela"
A concelleira de Deporte, Noa Morales, acompañada do presidente do Club Atletismo Santiago, Alfonso Menduiña; do vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Eladio Gómez, e do delegado en Santiago da FGA, Iván Sanmartín, deu conta hoxe dos detalles da segunda edición da Milla urbana "Portas de Compostela", que terá lugar o domingo 7 de abril a partir das dez da mañá.
ACCIÓN CULTURAL
IV edición do Melona Fest, coa participación de preto dunha trintena de artistas
Santiago acolle do 3 ao 6 de abril a cuarta edición do Melona Fest, un dos festivais máis alternativos que se celebran en Galicia, cun cartel cheo de artistas que non adoitan aparecer nos eventos máis comerciais. Serán preto de 30 nomes, nun cartel que se estende a varios escenarios da cidade e que aposta por reforzar a programación paralela para chegar a novos públicos.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Unha nova guía didáctica divulga a figura do músico galego Andrés Gaos
Esta mañá presentouse a undécima guía Coñecer. Santiago, cidade educadora, que leva por título O universo musical de Andrés Gaos (1874-1959), elaborada por Zaira Caamaño e José Manuel Souto. A publicación pretende difundir a figura deste compositor e violinista, precisamente neste 2019 no que se celebra o Ano Gaos.
COMERCIO
O Concello desenvolverá un plan de dinamización comercial do casco histórico de Compostela
A concelleira de Igualdade, Promoción Económica e Turismo, Marta Lois, deu conta hoxe da "necesidade de elaborar un plan de dinamización comercial do Casco Histórico de Compostela", que permita garantir a continuidade da actividade comercial nun contexto de globalización e expansión do turismo.
TURISMO
Turismo de Santiago presenta a cidade a profesionais do sector das principais urbes chinesas
Turismo de Santiago participa esta semana nunhas xornadas de promoción directa dirixida aos principais profesionais do sector turístico chino organizadas por Turespaña. Estas xornadas celébranse nas tres cidades máis grandes de China: Shangái, Pekín e Cantón, onde viven máis de 50 millóns de persoas.
CONSORCIO
O pianista Nicholas Angelich ofrece tres concertos xunto á Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta semana tres concertos baixo a batuta do seu director titular e artístico, o mestre Paul Daniel, e cun dos mellores pianistas do momento, Nicholas Angelich. O xoves 4, a cita será no Teatro Afundación de Vigo, ás 20:00 horas, dentro da tempada de música clásica da Sociedade Filharmónica de Vigo e Afundación. O venres, a orquestra tocará na súa sede, o Auditorio de Galicia (Santiago), ás 20:30 horas, no marco da súa tempada de abono. E o sábado...
CONVIVENCIA
Reorganización do tráfico na avenida de Lugo para facilitar o tránsito cara o paso inferior do Hórreo
A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia vén de modificar a sinalización horizontal na avenida de Lugo, co obxectivo de permitir que os vehículos procedentes da rúa de Bernardo Barreiro se incorporen ao túnel do Hórreo. O repintando levouse a cabo de cordo co Ministerio de Fomento, titular do viario.