POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Patricia de Lorenzo, Manu TF e Iria Fafián conducirán a Gala dos Premios Youtubeir@s, aos que aspiran 27 finalistas
O Teatro Principal de Santiago acollerá ás 20:00 horas do venres 29 de novembro a gala de entrega dos Premios Youtubeir@as. As entradas son gratuítas e pódense retirar no despacho de billetes do propio recinto no horario de 18:00 a 20:00 horas. Youtubeir@s é unha iniciativa organizada polos servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, Moaña, O Grove, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da.../em>
ALCALDÍA
O alcalde demanda coordinación normativa e inspeccións para controlar a oferta de pisos turísticos
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o secretario xeral do Eixo Atlantico, Xoán Mao, presentaron o informe "Impacto do turismo na morfoloxía urbana dos municipios do Eixo Atlántico". O estudo constata os efectos da economía colaborativa no aumento do número de camas en vivendas de uso turístico. Na presentación tamén participaron dúas das autoras do informe, Ana Ladeiras e Ana Carricoba.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo participou na apertura da Xornada ITH Hotel Energy Meetings
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou no acto de inauguración da Xornada ITH Hotel Energy Meetings, que se celebrou durante esta mañá no Hostal dos Reis Católicos. Na cerimonia de apertura tamén participaron Sara Santos, presidenta de Hostalería Compostela; Julio Castro, representante da Unión Hoteleira Compostela e director do Parador de Santiago; e Coralía Pino, responsable da Área de Sustentabilidade e Eficiencia Enerxética do Instituto Tecnolóxico Hoteleiro.
ALCALDÍA
Encontro do alcalde con Miguel Pinto, da Agência de Notícias de Portugal
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este martes con Miguel Pinto, da Agência de Notícias de Portugal Lusa.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este luns na localidade de San Isidro (Tenerife).