XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno local aproba inicialmente o Plan parcial de ordenación de Monte Vidán
A Xunta de Goberno aprobou inicialmente o Plan parcial de ordenación do SUND-8 (Monte Vidán), promovido por iniciativa particular de Santiago Sur Galicia SL e elaborado polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto. Segundo explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, "trátase dunha actuación importante que suporá unha notable mellora na zona".
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo reúnese co director rexional de El Corte Inglés
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse co director rexional de El Corte Inglés Galicia-Asturias, Javier Esteban, e co equipo de dirección do centro que a empresa ten en Compostela. No encontro trataron asuntos de interese para ambas entidades.
EMPREGO
Todo a punto para o maior cume do emprego e o talento en Santiago
Hoxe comeza Talentia Summit´19, un evento que busca consolidarse como un referente a nivel galego respecto da xestión e o desenvolvemento do talento e o emprego. Antes da apertura, ás 18.00 horas no Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo varios encontros cos ponentes.
ALCALDÍA
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas últimas vítimas da violencia machista: dúas mulleres asesinadas en Vic (Barcelona) e en La Zubia (Granada)
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Sánchez Bugallo: "o talento humano é un elemento clave na innovación e no desenvolvemento"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, destacou na inauguración de Talentia Summit'19, que o "talento humano é o elemento clave na innovación e no desenvolvemento". No acto tamén interviron a ministra de Economía en funcións, Nadia Calviño; e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.