POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello de Santiago usa o 100% das horas do Servizo de Axuda no Fogar e atende a 227 persoas
O Concello de Santiago ten asignadas por parte da Xunta de Galicia un total de 9.123 horas de atención domiciliaria ao mes a través do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). A día de hoxe estase a asumir o 100% das horas asignadas, atendendo a un total de 227 persoas.
ALCALDÍA
Setex Aparki retira o recurso contra a municipalización da ORA e do guindastre
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, informou hoxe de que a anterior concesionaria do servizo de ORA e guindastre, Setex Aparki, retirou o recurso presentado no xulgado en contra da municipalización do servizo. Ademais o Goberno do Estado decidiu non recorrer tampouco a decisión tomada polo Pleno da Corporación, despois de ter solicitado información do expediente.
CONVIVENCIA
A Policía Local detén a unha persoa por un episodio de violencia de xénero e a outras dúas por un furto
A Policía Local de Santiago practicou esta fin de semana tres detencións: unha por un episodio de violencia de xénero na mañá de onte domingo e outras dúas a raíz dun presunto furto nun establecemento hostaleiro.