FESTAS
Mala Rodríguez chega a Santiago días despois de presentar o adianto do seu novo traballo
Mala Rodríguez, a principal figura feminina do rap estatal, chegará mañá a Santiago para participar nas festas do Apóstolo. Farao poucos días despois da presentación do single "Gitanas", que formará parte do seu novo disco. No seu concerto na praza da Quintana, La Mala contará como teloneiro dun referente do hip hop galego, o compostelán Erin.
PLENO
A Corporación dá o visto bo a dous suplementos de crédito por importe de preto de tres millóns de euros
O Pleno da Corporación aprobou este xoves, en sesión extraordinaria e urxente, dous suplementos de crédito por importe de 2.102.851 euros e de 893.900 euros, respectivamente. O acordo saíu adiante cos votos favorables de Compostela Aberta e a abstención do resto de grupos.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, que deixou este martes unha vítima en Astorga (León).
ALCALDÍA
A rapazada volverá xogar na rúa este verán grazas a unha nova edición do "Territorio Xogantín"
Que as rúas volvan ser un espazo para o xogo dos nenos e das nenas. É o obxectivo do programa A rúa é nosa! Territorio Xogantín, que o Concello pon en marcha por terceiro verán consecutivo, a través do Departamento de Lingua. O alcalde, Martiño Noriega, presentou hoxe as actividades, que arrancan o próximo luns, 30 de xullo.
POLÍTICAS SOCIAIS
Rosa Cedrón, Luis Fercán ou Carmela Pequena colaborarán no I Concerto "NormalizAutismo"
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, presentou hoxe o I Concerto Benéfico NormalizAutismo, que terá lugar o vindeiro 26 de setembro na Sala Capitol. Na rolda estiveron Isabel González, presidenta da OSAL NormalizAutismo Galicia; Rosa Cedrón, madriña do evento; e os artistas Luis Fercán e Jorge Casal.
FESTAS
As Xornadas de Folclore do Apóstolo cumpren 50 anos
O próximo sábado, a praza da Quintana acollerá as Xornadas de Folclore, unha das citas máis tradicionais das festas do Apóstolo. Será unha edición moi especial, porque a mostra cumpre 50 anos. A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou hoxe as Xornadas, nunha rolda de prensa na que estivo acompañada por representantes das agrupacións Cantigas e Agarimos, Brincadeira, Ultreia e Colexiata de Sar. Tamén participou Javier Casado en representación do Centro Comercial As Cancelas, patrocinador do...
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia rende homenaxe a Chaikovski cun concerto na praza do Obradoiro no marco das festas do Apóstolo
A Real Filharmonía de Galicia participa cun segundo concerto nas celebracións das festas do Apóstolo, conmemorativas do Día de Galicia, mantendo o seu compromiso co público da cidade. A orquestra responde así ademais ao seu propósito de achegar o gran repertorio sinfónico a todos os públicos, saíndo á rúa, como tamén se fará en setembro con varios concertos gratuítos ao aire libre, en barrios emblemáticos de Compostela.