IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, que deixou este domingo unha vítima en Guardahortuna (Granada).
POLÍTICAS SOCIAIS
Máis orzamento e trámites simplificados nas bolsas de comedor, actividades extraescolares e compra de material escolar
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde presentou hoxe a convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar a realización de actividades extraescolares. Concha Fernández salientou que "de cara ao próximo curso incrementouse novamente a dotación orzamentaria das axudas, ata 586.000 euros, e volveuse apostar pola simplificación dos trámites para que as familias non teñan dificultades para optar ás bolsas". O prazo para presentar as solicitudes...
ACCIÓN CULTURAL
Compostela, escenario da primeira "Silent Wifi Music Experience" dentro das Xornadas de Música Contemporánea
Un concerto anovador, unha experiencia multisensorial suxestiva e íntima, unha viaxe cun piano silencioso... No silencio da noitiña, un piano de cola Yamaha equipado coa novidosa tecnoloxía Silent, audible a través de auriculares wifi, ofrece unha experiencia única para o público, que pode percorrer libremente nun radio de 500 metros inmerso nun microcosmos auditivo. Iso é a Silent Wifi Music Experience que se celebrará por primeira vez no Estado español, este mércores en Compostela, dentro das Xornadas de...
ESPAZOS CIDADÁNS
O Museo do Pobo Galego acolle este martes a xornada "Novo impulso á planificación estratéxica e urbana"
O Museo do Pobo Galego acolle mañá martes, entre as 17:00 e as 21:15 horas, a xornada aberta "Novo impulso á planificación estratéxica e urbana", enmarcada no Plan de Xestión para a Cidade Histórica de Santiago de Compostela.
CONVIVENCIA
O Concello non atenderá solicitudes de cacharelas posteriores ao 15 de xuño
A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia lembra que o pasado venres, 15 de xuño, quedou pechado o prazo de solicitude de autorizacións para a realización de cacharelas e sardiñadas de San Xoán na vía pública. Polo tanto, non se atenderá ningunha solicitude presentada con posterioridade á devandita data.
EDUCACIÓN
Adxudicada a xestión do servizo do Programa de Conciliación de Verán
Esta mañá quedou adxudicado, nunha Xunta de Goberno extraordinaria, o servizo de xestión e desenvolvemento do Programa de Conciliación de Verán do Departamento de Educación e Cidadanía. A empresa adxudicataria é Actividades Lúdicas de Galicia SL.