XUNTA DE GOBERNO
Publicada a convocatoria de subvencións para as actuacións nas Áreas de Rehabilitación Integral
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a convocatoria de subvencións para a rehabilitación nas ARIS de Vite, Vista Alegre, Cidade Histórica e dos grupos de vivendas Compostela e Cardeal Quiroga, da Pontepedriña. As axudas están dirixidas a comunidades de propietarios que realicen, preferentemente, obras de mellora de accesiblidade e e eficiencia enerxética. O prazo para solicitar as axudas é dun mes, e a data máxima de xustificación da subvención rematará o 31 de outubro de 2019.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia inaugura no Auditorio Nacional de Madrid o XLVI Ciclo de Grandes Autores e Intérpretes da Música
A Real Filharmonía de Galicia inaugurará o vindeiro venres, 26 de outubro, a tempada 2018-2019 do XLVI Ciclo de Grandes Autores e Intérpretes da Música, promovido polo Centro Superior de Investigación e Promoción da Música da Universidade Autónoma de Madrid. Será no Auditorio Nacional de Madrid, ás 19:30 horas.
COMERCIO
Aberto ata o 5 de novembro o prazo de solicitude de participación nos postos de venda do Mercado de Nadal
O Departamento de Comercio abre o prazo para solicitar a participación no Mercado de Nadal, que se celebrará do 1 de decembro ata o 5 de xaneiro na rúa da Carreira do Conde. A inscrición estará aberta ata as 19:00 horas do día 5 de novembro.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello recibirá unha subvención de 290.000 euros para un novo obradoiro de emprego
A Xunta de Goberno acordou hoxe aceptar unha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a posta en marcha do Obradoiro de Emprego "Creas". A axuda será de 288.807 euros, e o Concello cofinanciará o programa cunha achega de 60.000 euros.