COMERCIO
A nova mostra dos "Comercios Emblemáticos" abrirá o 14 de decembro
Unha nova edición do percorrido fotográfico Comercios Emblemáticos estará aberta ao público dende o 14 de decembro ao 4 de febreiro de 2018 na sede Afundación (rúa do Vilar, 19). As instantáneas son obra do fotógrafo Afonso Sestelo e queren reflectir a achega fundamental á cidade por parte do comercio.
POLÍTICAS SOCIAIS
Os "Almorzos do bo facer" rematan coa recollida das propostas achegadas polas cooperativas participantes
As cooperativas e entidades que participaron nos Almorzos do bo facer entregaron as catro propostas saídas dos mesmos para que sexan estudadas polo Concello para así poder recibir o seu apoio. A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e a técnica municipal de Promoción Económica, Carme Casado, recibiron as iniciativas no último dos encontros, denominado "Almorzo Proxecta" e celebrado na Sala Numax.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago lembra as vítimas do terrorismo e a José Martí
O Concello de Santiago celebrou este martes cadanseu acto institucional para lembrar ao escritor e político cubano José Martí e as vítimas do terrorismo, en particular a Miguel Ángel Blanco con motivo do XX aniversario do seu asasinato.
COMERCIO E ACCIÓN CULTURAL
"Pasearte" leva este Nadal a arte contemporánea aos escaparates do Ensanche
Un total de 84 comercios participa en Pasearte, a primeira Mostra de Arte Contemporánea nos escaparates do Ensanche de Santiago, presentada hoxe nunha rolda de prensa á que asistiron a concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois; o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo; o presidente da Fundación Santiago Centro, José María Fernández; o comisario e director da mostra, Javier Blanco; representantes das galerías de arte colaboradoras -Luisa Pita, Metro, Federica no era tonta e Trinta- e dos patrocinadores:...