ALCALDÍA
A Cociña Económica inaugura as súas renovadas instalacións
O alcalde participou esta tarde na inauguración das renovadas instalacións da Cociña Económica, no edificio que ocupa na rúa Travesa. Martiño Noriega volveu lembrar o gran labor que realiza esta institución en Santiago, baixo a dirección de Sor Esther Seoane.
FESTAS
Noite de blues e góspel na praza da Quintana
A praza da Quintana viviu outra noite de música, nun concerto protagonizado polo góspel e o blues, da man, respectivamente do New World Gospel Ensamble e da Mo Rodgers Blues Band.
FACENDA
Os Orzamentos Participativos de Santiago de Compostela estrean páxina web
Xa está activa decide.santiagodecompostela.gal, a web dos primeiros Orzamentos Participativos Compostela Decide. Esta web informará do proceso dos OP iniciado hai unhas semanas coas primeiras xuntanzas do grupo motor que co deseña o impulsa os Orzamentos, e onde participaron colectivos veciñais, tecido asociativo, partidos políticos (que conforman o Consello de Relacións Veciñais) e persoas a título individual.
FESTAS
As festas do Apóstolo reivindican este xoves o traballo dos músicos galegos
A xornada de mañá nas festas do Apóstolo terá un marcado acento galego, grazas aos dous concertos que hoxe presentou a concelleira de Acción Cultural. Branca Novoneyra estivo acompañada con dous dos protagonistas da noite: Quim Farinha, de Talabarte, e Brais, membro de Terbutalina.