FESTAS
O Concello sorteará 25 convites dobres para presenciar os Fogos do Apóstolo dende o espazo de convidados
O Concello de Santiago volve sortear este ano 25 convites dobres (agraciado/a e acompañante) para presenciar o espectáculo luminoso e pirotécnico da noite do 24 de xullo dende a zona habilitada para os e as convidadas. Estes convites dobres súmanse aos 10 xa entregados como premio a participantes na iniciativa ambiental Tropa Verde.
IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou onte unha vítima en Zaragoza.
FACENDA
Apróbanse as liñas básicas que articulan a acción cidadá nos Orzamentos Participativos
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, deu conta da terceira reunión do grupo motor que debate e articula as bases que rexerán os Orzamentos Participativos do ano que vén. Este regulamento incorpora diversas achegas e cambios formulados pola cidadanía a partir do documento previo presentado polo Goberno municipal.
CONVIVENCIA
O Proxecto Rúas consolídase e súmase á programación das festas do Apóstolo
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia deu conta hoxe das novas actividades que se van celebrar ao abeiro do proxecto Rúas, Rexeneración Urbana Arte Santiago. Xan Duro estivo acompañado de Pablo Castiñeira, responsable da Asociación Vella Escola.
CONVIVENCIA
A Policía Local colabora na campaña de control das condicións técnicas do vehículo
A Policía Local de Santiago está a participar esta semana na campaña de vixilancia e control das condicións do vehículo impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico. Os controis estanse levando a cabo dende o luns 11 e prolongaranse ata o próximo domingo 17 de xullo.