ALCALDÍA E EMPREGO
Inaugurada a senda peonil do Sar polo parque Eugenio Granell ata Novo Milenio
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, inauguraron esta mañá a senda peonil do Sar ao seu paso polo Parque Eugenio Granell e Novo Milenio en dirección as Pontes de Conxo.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Un pasarrúas, a degustación de sopas e o concerto de Cuchús Pimentel e Vigo Distrito Flamenco animaron o mercado de Salgueiriños
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, visitou este xoves o mercado de Salgueiriños para participar no Efecto Proximidade, que se celebra por segundo ano consecutivo nestas datas. Marta Lois destacou "a importancia que este tipo de eventos teñen como dinamización do mercado".
ALCALDÍA
Martiño Noriega recibe os responsables de Cáritas
O alcalde, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, reuníronse hoxe no Pazo de Raxoi co director de Cáritas Diocesana-Santiago, José Anuncio Mouriño, e co seu delegado episcopal, Jesús García. A xuntanza serviu para analizar posibles vías de colaboración entre o Concello e a entidade, sobre todo no que ten que ver coa atención ás persoas sen fogar.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago adxudica os traballos de mellora da eficiencia enerxética da fachada oeste do Pazo de Raxoi
O Consorcio de Santiago acaba de adxudicar a obra de mellora da eficiencia enerxética da fachada oeste do Pazo de Raxoi á Unión Temporal de Empresas UTE Pazo de Raxoi. O importe global desta intervención ascende aos 288.241,78 euros.
ALCALDÍA
O alcalde felicitou o Nadal ao persoal municipal e aos xubilados/as neste 2016
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu a tradicional recepción de Nadal aos traballadores e traballadoras do Concello e dos diferentes organismos autónomos e empresas públicas vinculados ao mesmo. Ademais, este ano fíxose coincidir este acto coa tradicional entrega de placas ás persoas xubiladas en 2016, de xeito que puideron recibir a homenaxe dos compañeiros e compañeiras cos que compartiron tantos anos.