BENESTAR ANIMAL
En marcha un proxecto piloto para controlar as colonias felinas da cidade
A concelleira de Benestar Animal, Noa Morales, presentou hoxe un proxecto piloto que ten como obxectivo controlar e diminuír as molestias que causan as colonias de gatos rueiros, ao tempo que se mellora a situación destes animais. Trátase dun programa que aplicará o método CES: Captura, Solta e Esterilización, e ao que se van destinar 11.000 euros. Esa partida abondará para esterilizar preto de 140 gatos e gatas.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago pecha o Ano da Memoria coa presentación dun libro sobre o Estatuto do 36
O alcalde presentou hoxe o libro 1936. O Estatuto esquecido, un libro publicado pola Editorial Guiverny que contou coa colaboración do Concello. Martiño Noriega explicou que "este volume vén pechar a celebración do Ano da Memoria, no que o Goberno compostelán quixo mostrar como era a nosa cidade antes de que a súa historia se vira alterada polo Golpe de Estado de 1936".
NADAL 2016
Rosaura Leis ofrece unha conferencia sobre os beneficios da dieta atlántica
A Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos acolle este sábado 17 de decembro, a partir das 12:00 horas, unha conferencia sobre os beneficios da dieta atlántica a cargo de Rosaura Leis. Trátase dunha actividade que se realiza dentro da programación de Nadal 2016.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
A Cidade da Cultura acolle a xornada Getting Contacts
A Cidade da Cultura acolle o luns 19 unha nova edición de Getting Contacts, xornada de encontro e intercambio empresarial, organizada polo Departamento de Promoción Económica do Concello de Santiago, co financiamento da Deputación de Coruña, dentro do programa Compostela Móvese. Está previsto que participen arredor de 100 empresas.
CONSORCIO
O Consorcio licita as obras de reparación do tellado da igrexa de San Agustín
O Consorcio de Santiago acaba de adxudicar a obra de reparación do tellado da igrexa de San Agustín, por un importe global de 98.028,94 euros. A beneficiaria é a Unión Temporal de Empresas Ábaco Arteca. O prazo de execución desta actuación estímase en tres meses.
ALCALDÍA
A Corporación debaterá o xoves a municipalización da ORA e do guindastre
O Pleno da Corporación debaterá na sesión ordinaria do próximo xoves a proposta para iniciar o procedemento de asunción directa da xestión do servizo da ORA e o guindastre a través de Tussa. Anunciouno hoxe o alcalde, que explicou que "deste xeito se producirá o último trámite administrativo para a remunicipalización do servizo, se así o estiman os grupos da Corporación municipal". Martiño Noriega mostrouse convencido "dos beneficios que terían esta xestión directa...