XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba un proxecto de mellora dos accesos ao río Sarela dende Vista Alegre e O Romaño
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria deste venres, aprobou o proxecto de mellora do acceso ao río Sarela dende o barrio de Vista Alegre – O Romaño. A intervención realizarase en dúas fases independentes e conta cun orzamento de 46.077 euros. Este é un proxecto incluído no programa Urbana Santiago Norte.
LINGUA
Compostela acolle o próximo 16 de novembro un Encontro de Política Lingüística Municipal para darlle un pulo ao galego
Compostela acollerá próximo 16 de novembro, un Encontro de Política Lingüística Municipal, impulsado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística. A cita ten como obxectivo poñer en común experiencias e proxectos para darlle un pulo ao galego dende as administracións locais.
ALCALDÍA
O alcalde visitou a Casa da Troia, coincidindo coa celebración dos II Encontros Troianos
O alcalde de Santiago achegouse este mediodía á Casa da Troia, onde hoxe e mañá se celebran os II Encontros Troianos en Compostela. Aproveitando a visita, Martiño Noriega puido coñecer aos integrantes da Asociación de Antigos Tunos Composteláns, a entidade que xestiona o museo e que preside Benigno Amor.
IGUALDADE
Os balcóns do Pazo de Raxoi vístense de violeta contra a violencia machista
O Concello estará presente en Madrid este sábado 7 de novembro na Marcha Estatal contra as violencias machistas, á que acudirán a concelleira de Igualdade, Marta Lois, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández.
EMPREGO
Máis de 2.500 persoas participaron no primeiro Foro Colaborativo para o Emprego
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, clausurou a primeira edición do Foro Colaborativo para o Emprego, que se celebrou os días 5 e 6 de novembro no Palacio de Congresos de Galicia. Nesta primeira edición participaron máis de 2.500 persoas nas diferentes actividades que se organizaron dentro do evento.
SAÚDE
A concelleira de Políticas Sociais pide ao xerente do CHUS que axilice os prazos para convocar o Consello de Saúde de Área
Concha Fernández reuniuse este venres co xerente do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, Luis Verde, ao que lle pediu que axilice os trámites para convocar o Consello de Saúde da Área e que se inclúan os representantes dos pacientes. A concelleira de Políticas Sociais considera prioritario que se garanta a calidade na asistencia aos usuarios do servizo sanitario e os dereitos en materia de saúde.
ACCIÓN CULTURAL
"45 years", premio a mellor actriz e actor en Berlín, e "Sunset Song", o novo de Terence Davies, na xornada do sábado 7 de Cineuropa
A xornada do sábado 7 en Cineuropa ofrece un total de 19 proxeccións, entre as que destacan as dúas películas da Sección Oficial, 45 years e Sunset Song. 45 years, de Andrew Haigh, que poderemos ver ás 19:45 h no Salón Teatro, conta a historia dun matrimonio british que celebra o seu aniversario e os seus segredos e acadou o premio de mellor actriz para Charlotte Rampling e mellor actor para Tom Courtenay na última edición do Festival de Berlín. Sunset Song, que se pasa no Teatro.../em>/em>
ACCIÓN CULTURAL
Rosa Díaz, Premio Nacional de Teatro para a Xuventude e a Infancia 2011, dirixe o espectáculo "Do not disturb. No molestar"
A compañía andaluza Vaivén Circo chega este sábado a Compostela para presentarnos o seu espectáculo para todos os públicos Do not disturb. No molestar. Poderemos velo a partir das 18:30 horas no Auditorio de Galicia e as entradas teñen un prezo de 9 euros. Están á venta en entradas.abanca.com, no 902 434 443 e no despacho de billetes do Teatro Principal, e tamén se poderán mercar dende unha hora antes de que comece o espectáculo no despacho de.../em>