ALCALDÍA
O Concello e a Fundación Amancio Ortega avanzan nos trámites para a construción en 2016 da escola infantil do Castiñeiriño
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, reuníronse en Raxoi co director da Fundación Amancio Ortega, Óscar Ortega, e cos arquitectos encargados do proxecto da que será a nova escola infantil do Castiñeiriño. Será a Fundación a que constrúa este novo equipamento nunha parcela cedida polo Concello e a escola quedará incluída na rede autonómica de escolas infantís de A Galiña Azul.
EMPREGO
Nace o Foro Colaborativo polo Emprego de Santiago, con máis de 1.400 inscritos
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, inauguraron esta xoves a primeira edición do Foro Colaborativo polo Emprego. Máis de 1.400 persoas inscribíronse para participar nas múltiples actividades do evento, cifra que amosa a necesidade de que a cidade contase cun encontro destas características para fomentar un mercado laboral de calidade.
ACCIÓN CULTURAL
Primeiras tres citas do programa familiar "12 doces de outono" nos centros socioculturais de Santa Marta, Marrozos e Amio
A Concellaría de Acción Cultural programou para este domingo, 8 de novembro, as primeiras entregas do programa 12 doces do outono, unha proposta escénica para público familiar combinada coa degustación ao remate das funcións de doces do outono elaborados nos propios centros socioculturais polos veciños en obradoiros previos.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O CSC de Vite acolle un concerto da Banda Municipal dedicado aos bailes de salón
Este venres 6 de novembro, a Banda Municipal de Música de Santiago abandona puntualmente a súa tempada sinfónica para unha nova e innovadora cita, un concerto cheo de ritmo e espectacularidade que levará por título Bailes de salón. Será no Centro Sociocultural de Vite, ás 11:30 horas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Aberta a inscrición para a viaxe ao Madrid histórico do programa "Imos de excursión"
Nova proposta de viaxe no marco do programa Imos de excursión, promovido pola Concellaría de Acción Cultural. Nesta ocasión, os participantes achegaranse ao Madrid histórico durante a ponte festiva do 6 ao 8 de decembro.
ACCIÓN CULTURAL
Novas sesións do programa "Imos ao baile" en Cornes e Santa Cristina de Fecha
Este sábado, 7 de novembro, cita dobre co programa Imos ao baile, con sesións na Casa das Asociacións de Cornes e no Local Sociocultural de Santa Cristina de Fecha ás 17:30 horas.
EDUCACIÓN
Miguel Cerro recibe o VIII Premio Compostela de Álbums Ilustrados
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu no Salón Nobre do Pazo de Raxoi o acto de entrega do VIII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, que recaeu en Miguel Cerro Circo, pola obra Después de la lluvia. Nesta edición do certame participaron 339 álbums ilustrados procedentes de 20 países.
ALCALDÍA
Martiño Noriega recibe a Asociación en Defensa da Sanidade Pública
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu esta tarde a Asociación en Defensa da Sanidade Pública nun encontro que cualificou como "cordial e no que se acordou reactivar o Consello de Saúde Municipal".