EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O prazo de inscrición para o Programa Municipal de Conciliación de Nadal estará aberto do 28 de novembro ao 10 de decembro
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, explicou esta mañá en rolda de prensa os pormenores do Programa Municipal de Conciliación de Nadal, que se celebrará no CEIP As Fontiñas e no CEIP Raíña Fabiola os días 21, 22, 23, 24,28, 29, 30 e 31 de decembro, e os días 4 e 5 de xaneiro.
EMPREGO
Marta Lois preséntalles aos sectores implicados as liñas estratéxicas do Plan de Emprego 2015-2020
A concelleira de Desenvolvemento Económico presidiu este xoves unha reunión da Mesa Polo Emprego, na que se presentou o documento estratéxico que servirá de base para a elaboración do Plan de Emprego 2015-2020. Marta Lois explicou que a primeira valoración do texto "foi positiva por todas as partes, sobre todo porque se elaborou partindo da implicación cidadá e no marco dun proceso participativo".
ACCIÓN CULTURAL
O novo de Agustí Villaronga, outras estreas e unha tradición: o maratón de Cineuropa
Baseada na novela do cubano Pedro Juan Gutiérrez, Villaronga suaviza a dureza do relato orixinal para mostrar en El Rey de La Habana a vida de Reinaldo, un pícaro adolescente fuxido dun correccional que debe sobrevivir na decadente cidade de La Habana. A actriz Yordanka Ariosa foi galardoada coa Cuncha de Prata en San Sebastián pola súa excelente interpretación de "jinetera". A cita con Reinaldo, El Rey de La Habana, será ás 16:00 h no Teatro Principal.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Nace o programa "Consumo Conxo | Conxo Consume" para impulsar o talento dos comerciantes e profesionais do barrio
Nos próximos 15 días, o barrio de Conxo inaugura o programa Mellorar o talento dos nosos barrios, desenvolvido pola Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo ao abeiro da iniciativa Compostela Móvese. Esta acción específica para o barrio denomínase "Consumo Conxo | Conxo Consume".