CONVIVENCIA E MEDIO AMBIENTE
O Goberno local actualizará o regulamento municipal do Servizo de Saneamento
O Goberno local vai modificar a Ordenanza Municipal de Verteduras, para adecuala á Lei de Augas de Galicia e, máis en concreto, ao Regulamento Marco do Servizo Público de Saneamento e Depuración de Augas Residuais, aprobado pola Xunta no ano 2012. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, explicou que o Concello de Santiago leva anos incumprindo esa normativa e facendo caso omiso dos requirimentos que lle chegaron ao respecto.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello pon en marcha dúas actuacións dirixidas ás persoas sen teito da cidade
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou en rolda de prensa dúas accións dirixidas a persoas sen teito da cidade que porá en marcha o Concello en colaboración con Cruz Vermella e FEAFES. Trátase de dúas organizacións cunha traxectoria recoñecida no traballo con este colectivo.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
O adestrador Moncho Fernández inaugura as xornadas de fomento da cultura emprendedora "Emprende Way"
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou no Pazo de Raxoi a segunda edición de Emprende Way, programa para o fomento da cultura emprendedora na cidade enmarcado dentro do programa municipal Compostela Móvese. A concelleira estivo acompañada polas dúas emprendedoras organizadoras do evento, Carolina Lodeiro e Tamara Rodríguez.
CONSORCIO
Unha aplicación web desenvolvida polo Consorcio permite navegar pola muralla medieval que rodeaba a cidade compostelá
A aplicación web da muralla de Santiago de Compostela, desenvolvida polo Consorcio de Santiago en colaboración co Concello compostelán, volve estar plenamente operativa. Permite navegar e coñecer mellor a antiga muralla medieval que rodeaba a cidade (www.murallasantiagodecompostela.com).
ACCIÓN CULTURAL
"Virgin Mountain", "The Lesson (Urok)" e "She's Funny that Way", as estreas máis destacadas da xornada en Cineuropa
Este xoves estrearase Virgin Mountain, un traballo de Dagur Kári avalado polos seus tres galardóns no Festival de Tribeca nas categorías de mellor película, actor e guión, e cuxo actor principal, Gunnar Jónsson, tamén foi premiado na Seminci de Valladolid polo seu papel de xigantón entrañable. Virgin Mountain é a historia de Fúsi, un neno grande e inadaptado nun mundo onde non é socialmente aceptable conservar a inocencia infantil con máis de 40 anos. Dagur Kári aposta polo.../em>
MOBILIDADE
Case 70 representantes da sociedade compostelá participan da primeira xuntanza do Pacto Local pola Mobilidade
Grande acollida e participación na primeira xuntanza do Pacto Local pola Mobilidade, que reuniu no Auditorio de Galicia a case 70 representantes da sociedade compostelana, dos grupos políticos do consistorio e do tecido asociativo.