SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local intensifica a campaña de control de consumo de alcol e drogas por mor das festas do Nadal
Insta aos composteláns a ser prudentes ao volante e a non mestuar alcol e condución. A campaña realízana conxuntamente coa Dirección Xeral de Tráfico.
COMERCIO
Quince postos e obradoiro de monicreques para os máis pequenos este sábado nun novo Mercado de San Pedro
Produtos variados subministrados por comerciantes do Barrio e actividades para nenos serán protagonistas no segundo dos Mercados de San Pedro, que se celebrará este sábado 20 entre as 11 e as 15 horas. A praza 8 de Marzo acollerá quince postos de venda nesta iniciativa, organizada polo Concello de Santiago e cofinanciada con fondos europeos FEDER no marco do programa Urbana Santiago Norte.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O centro sociocultural do Ensanche acolle este sábado un torneo de futbolín
A Concellería de Xuventude e a UMAD levará a cabo este sábado, 20 de decembro un torneo de futbolín no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche.
DEPORTES
Máis de 200 nadadores, entre os que destacan Bea Gómez e María Vilas, competirán desde o venres en Santa Isabel polo campionato galego absoluto de natación
A concelleira de Deportes, María Corral, acompañada polo presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Bremón Pérez; o presidente do Club Ciudad de Santiago, Fernando Pazos Ríos, e o director técnico, José Ángel Rioseco, presentou o campionato galego absoluto de inverno de natación que se desenvolverá na cidade os días 19, 20 e 21 deste mes.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Dous novos espectáculos de dinamización lingüística no Nadal para os máis pequenos
Durante as vacacións escolares que van comezar, a Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, da que forma parte do Concello de Santiago, ofrece en Compostela dous espectáculos para público familiar: a obra de teatro Espantallo Amigo e o concerto Cantigas da estrela. Presentounos en rolda de prensa a concelleira María Corral, acompañada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o artista Magín Blanco, e o responsable da editorial Galaxia, Xulio Amigo.
ALCALDÍA
Colocada a primeira pedra do centro de saúde do barrio de Galeras
Nun acto presidido polo alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e que contou coa presenza do xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa. O investimento previsto acada os 2,9 millóns de euros, para un prazo de execución de 17 meses.
CULTURA
MClan, Burning, Freedonia, Leiva e outros 11 concertos no Compostela Rock para 2015
Presentaron o programa esta mañá a concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou.
CONSORCIO
Nenos de 6 a 12 anos poderán construír esta fin de semana unha nova cidade de Santiago empregando obxectos cotiás como botellas, cartóns, botes ou chapas
Celébranse os tres últimos obradoiros didácticos do ano no Museo das Peregrinacións e de Santiago, o sábado todo o día e o domingo pola mañá.
ALCALDÍA
Agustín Hernández asiste á festa de fin de trimestre do baloncesto Rosalía
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou no IES Rosalía de Castro na festa de fin de trimestre do equipo de baloncesto.