DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O Concello acomete un plan de podas que afectará a preto de 10.000 árbores
A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, acompañada do responsable de Parques e Xardíns, José Antonio Mosquera, deu conta do plan de podas de inverno. Iniciado a finais de outubro, este programa de traballos prolongarase ata primeiros de abril de 2015 e afectará a unhas 10.000 árbores. Esta programación responde a unha planificación prevista para os vindeiros anos, co obxectivo de lograr un mantemento arbóreo máis sostible tanto no eido ambiental como no económico.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Novas citas para esta semana no programa Compostela Cine Classics 2014
Continúa o programa Compostela Cine Classics 2014, do Departamento de Centros Socioculturais. Esta semana está previsto un classicobradoiro para adultos e unha nova proxección con coloquio.
ALCALDÍA
O alcalde destaca a brillante traxectoria docente e investigadora de Carmen García Mateo, Premio María Josefa Wonemburger
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu á entrega do VIII Premio María Josefa Wonemburger Planells á investigadora Carmen García Mateo. O acto, celebrado no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), estivo presidido polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
ECONOMÍA
A Concellería de Economía colabora co programa Factoría do Éxito
A Concellería de Economía colabora coa empresa Ccamina nun innovador programa de desenvolvemento persoal e profesional que se desenvolverá este martes, 4 de novembro, na Cidade da Cultura.
CULTURA
O pop de Apenino abre o ciclo de concertos do Ukelele Kit Project na Zona C
Apenino (Marco Maril) ofrece un concerto na Zona C no que presentará as cancións do seu novo disco, Viravolta, que se publicará este mesmo mes de novembro. Trátase do concerto que abre o ciclo do Ukelele Kit Project e será este martes 4 de novembro, ás 20:30 horas. O prezo para este evento é de 5 euros e pode mercarse un abono para os sete concertos do ciclo a 25 euros. As entradas poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas) ou na da Zona C o día do concerto.