SOSTIBILIDADE
Presentado o proxecto PLEEC cunha xornada sobre eficiencia enerxética nas cidades
O Concello de Santiago realizou unha Xornada de Presentación do Proxecto Europeo PLEEC, co título A eficiencia enerxética nas cidades. O alcalde compostelán, Ángel Currás; a concelleira de Sostibilidade, María Pardo, e o reitor da USC, Juan Casares, inauguraron o evento, que se celebrou no edificio municipal CERSIA (San Lázaro). A participación era aberta e de balde.
REUNIÓN VECIÑAL
Reunión cos representantes veciñais do Carme de Abaixo
As concelleiras Reyes Leis e María Pardo reuníronse con representantes da Asociación de Veciños do Carme de Abaixo.
FESTAS
A música gobernará uns Fogos do Apóstolo 2013 nos que a pirotecnia e o audiovisual se integrarán ao longo de todo o espectáculo
O concelleiro de Festas, Francisco Noya, e o director comercial de Ricasa (Pirotecnia Ricardo Caballer S.A.), Juan Manuel Humanes, presentaron o espectáculo dos Fogos do Apóstolo, que se celebrará a noite do 24 de xullo. Esta edición destacará pola maior presenza dos efectos pirotécnicos nun espectáculo no que a música será o fío condutor en torno ao que se combinarán harmonicamente pirotecnia e proxeccións audiovisuais.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Sesenta nenos e nenas participaron na Alameda nunha sesión de xogos tradicionais
Seguen as actividades do programa Vive o verán. Nesta xornada de venres, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, visitou na Alameda a sesión de xogos tradicionais e entregou os diplomas de participación aos nenos asistentes.
XUVENTUDE
Vinte e cinco mozos e mozas aprenden náutica e inglés en Carnota
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, visitou en Carnota o campamento English Surf Camp, organizado polo seu Departamento. A actividade, iniciada o 14 de xullo, rematará o domingo 21. Conta con 25 participantes, que esgotaron as prazas ofertadas semanas antes da data límite de inscrición.
SANIDADE
O Refuxio de Bando cobrará pola esterilización dos animais adoptados
A concelleira de Medio Ambiente, María Pardo, xunto coa directora do Refuxio de Animais, Paloma Aguirre, deu conta da última reunión do Padroado da Fundación do Refuxio de Bando. Entre os asuntos aprobados destaca a decisión de cobrar polo servizo de esterilización dos animais adoptados.
ALCALDÍA
Desconvocada a folga dos traballadores da empresa concesionaria da recollida do lixo
A folga que ían iniciar o 21 de xullo os traballadores da empresa concesionaria do servizo de limpeza e recollida do lixo, Urbaser, foi desconvocada. Así o indicou o alcalde compostelán, Ángel Currás, quen agradeceu aos traballadores e á empresa a súa "responsabilidade compartida".