ALCALDÍA

O Nobel de Química Harold Walter Kroto fala en Santiago de ciencia e sustentabilidade

27/05/2010

O Nobel de Química en 1996, Harold W. Kroto está en Santiago para participar no V Programa ConCiencia, que organizan a USC e o Consorcio de Santiago, co apoio de Xacobeo 2010. Dentro do seu programa de actividades na cidade, o científico británico pasou pola Casa do Concello, onde foi recibido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, que o convidou a asinar no Libro de Honra.

Ler máis

IGUALDADE

A Concellería de Igualdade exhibe ata o 7 de xuño os traballos realizados no curso "A saúde a través da arte"

27/05/2010

Clausurada a terceira edición do curso "A saúde a través da arte", organizado pólo Centro de Información á Muller, da Concellería de Igualdade, os traballos realizados neste curso forman agora unha exposición titulada Procesos, que estará aberta ao público nas dependencias da Concellería (rúa Isaac Díaz Pardo, 2-4) ata o 7 de xuño, de luns a venres en horario de 8:00 a 15:00 horas.

Ler máis

PLENO

Os cidadáns presentaron 87 queixas e suxestións no Concello durante o 2009

27/05/2010

A concelleira de Reforma Administrativa, Rosa Fernández Somoza, deu conta por escrito ao Pleno municipal do informe anual das queixas e suxestións presentadas no Concello no ano 2009. Na mesma sesión ordinaria aprobouse inicialmente a Ordenanza municipal reguladora da emisión de ruídos, vibracións e condicións dos locais.

Ler máis
Compartir: