PROMOCIÓN ECONÓMICA

Promoción Económica e Emprego elabora unha guía destinada ás persoas coidadoras

19/05/2010

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e o director do Instituto para o Desenvolvemento e a Formación de Francia e socio principal do proxecto Coidadores Familiares do programa europeo Leonardo da Vinci, Patrick Torre; presentaron a Guía das persoas coidadoras. A publicación, de 140 páxinas, ten como obxectivos informar sobre as axudas e dereitos das persoas coidadoras e das persoas dependentes, e ao mesmo, tempo, orientalos na organización das súas actividades...

Ler máis

CULTURA

Arranca a sétima edición de Curtocircuíto

19/05/2010

A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, presentaron a VII edición do festival Curtocircuíto, acompañados do director do certame, Tim Redford.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Un roteiro verde autoguiado unirá as grandes zonas verdes de Compostela

19/05/2010

Unir as grandes zonas verdes mediante un roteiro urbano autoguiado para peóns e ciclistas é o gran obxectivo do proxecto presentado pola concelleira do Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos. Durante a súa intervención estivo acompañada polo xefe do departamento de Parques e Xardíns do Concello, José Antonio Mosquera.

Ler máis

URBANISMO

Unha xornada reúne a destacados expertos na xestión de vivenda social en aluguer

19/05/2010

A concelleira de Urbanismo Mercedes Rosón, presentou en rolda de prensa as Xornadas sobre vivenda social en aluguer, que se celebrarán o venres 21 no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea. Estas sesións de traballo, organizadas pola Concellería de Urbanismo, EMUVISSA e a delegación compostelá do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, desenvólvense no marco do proxecto europeo SUITE, liderado por Santiago.

Ler máis
Compartir: