MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Importante redución do número de denuncias por incumprimento dos horarios de peche
Ata o 31 de agosto, a Policía Local ten presentado 50 denuncias por incumprimento dos horarios de peche nos locais nocturnos, fronte ás 198 denuncias presentadas ao longo de 2007. Destas 50 denuncias, 12 eran de locais do casco histórico, fronte ás 32 do total do ano anterior.
URBANISMO
Santiago pecha en Cracovia a primeira fase dun programa europeo de vivenda social
A delegación encabezada pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, reunirase o martes 30 en Siemianowice Slaskie (Polonia) con todos os membros do proxecto do URBACT, SUITE The Housing Project. A vivenda: un factor para a inclusión social e urbana e para a calidade de vida nas cidades, do que é xefe de fila.
TURISMO E CULTURA
Juan Pablo Etcheverry imparte un obradoiro de animación para nenos durante a Semana Oficial de Curtocircuíto
Un grupo de cativos entre 8 e 10 anos terá a oportunidade de iniciarse na animación en plastilina da man do director Juan Pablo Etcheverry, gañador do Premio á Mellor Curtametraxe da Academia do Cine Europeo.
CULTURA
A soprano Elisabeth Watts protagoniza o terceiro concerto do Ciclo de Lied
A IX edición do Ciclo de Lied de Santiago, que organiza a Concellaría de Cultura en colaboración coa Asociación Galega da Lírica entra nos seus últimos días. A protagonista do terceiro dos concertos é Elizabeth Watts, unha cantante que debuta en Galicia cun variado programa dedicado á canción francesa no Teatro Principal (martes 30 de setembro ás 20:30 horas).