UMAD
Santiago acollerá unhas xornadas municipais sobre prevención de dogrodependencias os días 10 e 11 de outubro
A Xunta de Goberno local deu conta da celebración, os días 10 e 11 de outubro, no Palacio de Congresos e Exposicións, das Xornadas Municipais sobre Prevención de Drogodependencias, organizadas pola Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD). Estas xornadas pretenden difundir os avances que se están a producir en España no campo da prevención do uso e abuso de drogas entre a xente nova.
MEDIO AMBIENTE
Adxudicadas as obras de rexeneración do Monte de Dios
O Goberno local adxudicou definitivamente as obras incluídas no proxecto de rexeneración do Monte de Dios. Ratificouse así unha contratación que permitirá a recuperación do contorno deste ámbito, coa rexeneración da vexetación autóctona e a corrección dos impactos causados polo trazado e pola integración de infraestruturas.
ALCALDÍA
O alcalde de Santiago participa nos actos do XV aniversario do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España
O Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España celebra o XV aniversario da súa constitución. Por este motivo, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, está en Ávila, onde participará cos rexedores municipais das outras 12 cidades nos actos programados para esta celebración.
DEPORTES
O Pedroso decidirá os campións do Open Galego de Descenso en Mountain Bike
O Monte Pedroso acollerá, o domingo 21 de setembro, o II Gran Premio Santiago DH, última proba do Open Galego de Descenso en Mountain Bike. A proba decidirá por segundo ano consecutivo aos campións desta competición nas distintas categorías: elite, sub 23, júnior, feminina, cadete, máster 30, máster, senior e promoción.
COMERCIO
Ábrese o prazo de inscrición na edición de outono do Concurso de Escaparatismo
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo abriu o prazo de inscrición na Edición de Outono do V Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2008, que finaliza o 3 de outubro. A Concellaría xa comezou a entregar as bases do certame aos aproximadamente 2.500 estabelecementos comerciais que existen en Santiago.