CONSORCIO DA CIDADE

Santiago acollerá en Semana Santa un Festival de Músicas Contemplativas

10/04/2006

O Consorcio de Santiago de Compostela organiza o Festival de Músicas Contemplativas, orientado a abrir un proceso estable de Acción Cultural no Patrimonio e iniciar así unha oferta musical inexistente ata agora na cidade. Preténdese que o novo festival musical actúe como complemento cultural do programa de Semana Santa, ampliando a oferta aos múltiples visitantes foráneos e habitantes da cidade.

Ler máis

VI Campaña de Animación á Lectura

As librerías de Santiago acollerán sesións de contacontos

10/04/2006

Sete librerías e espazos de lectura de Santiago acollerán a partir do día 19 deste mes diversas sesións de contacontos, presentacións de libros e encontros con autores e ilustradores, como complemento á VI Campaña de Animación á Lectura "Un dous tres, que les?" que o Concello de Santiago organiza na Galería Sargadelos, coordinadas pola editorial Kalandraka.

Ler máis

CULTURA

Inaugúrase a exposición de Xurxo Lobato en 'Niteroi: encontro con España'

10/04/2006

Dentro da súa participación no evento Niteroi: encontro con España, que se está a celebrar no Brasil, Compostela inaugurou a exposición de Xurxo Lobato Galiza: Camiño Celeste. Á inauguración, que foi no Museo do Ingá, asistiron, ademáis do concelleiro de cultura de Compostela, Néstor Rego e do propio Xurxo Lobato, o secretario (concelleiro) de Cultura da cidade, Marcos Gomes, a vice-secretaria, Danielle Nigromonte, a presidenta da Fundación de Arte de Niteroi, Marilda Ormy e o director do Museo, Angelo...

Ler máis
Compartir: