ALCALDÍA

Bugallo e Varela colocan a primeira pedra do centro de novas tecnoloxías

09/11/2005

O alcalde compostelán e o conselleiro de Traballo inauguraron as obras deste novo centro compostelán, que dependerá especificamente da Consellería de Traballo e terá como obxectivo formar ás persoas desempregadas e en activo. Ademais, ofrecerá formación a distancia a través da rede de centros de formación ocupacional da Consellería.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O centro sociocultural de Vite acolle a exposición "70 Aniversario Monopoly"

09/11/2005

A concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, inaugurou a exposición "70 Aniversario Monopoly" que se poderá ver ata o vinte de novembro no centro sociocultural de Vite. No acto de inauguración estiveron presentes o responsable de Marketing de Hasbro Iberia, Ignacio Gaitán, e o campión mundial de Monopoly, o madrileño Antonio Zafra.

Ler máis
Compartir: