EMPREGO

A Concellaría de Emprego abre o prazo de inscripción para seis cursos

10/11/2005

A Concellaría de Promoción Económica, Comercio, Mercados e Emprego oferta 90 prazas en seis cursos gratuitos dirixidos a persoas empregadas que queiran mellorar a súa capacitación laboral. Os cursos están centrados no ámbito da atención a persoas maiores, un ámbito no que existe unha demanda de traballadares na cidade, segundo un estudo recente do Observatorio Local de Economía e Emprego da Oficina de Promoción Económica.

Ler máis

EIXO ATLÁNTICO

Touriño apoiará ao Eixo na petición do AVE Vigo-Porto ao estado

10/11/2005

O titular da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, presionará ao presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, para que teña presente a construción dunha liña do AVE entre A Coruña e Porto porque é "vital para Galicia e o norte de Portugal", manifestou.

Ler máis

EDUCACIÓN E MOCIDADE

Os rapaces das escolas rurais compostelanas xa poden "troular con arte"

10/11/2005

A ludoteca itinerante Troularte é un proxecto das concellerías de Educación e Mocidade e Promoción Económica que pretende ofrecer unha alternativa de lecer aos rapaces que non teñen á súa disposición unha ampla oferta de actividades extraescolares, por formarse en escolas e centros rurais de Santiago.

Ler máis
Compartir: