URBANISMO

As 650 vivendas do SUP-7 de Pontepedriña comezarán a construírse a finais de ano

30/06/2006

O Consello de Administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo (EMUVISSA) aprobou sacar a licitación as obras de urbanización do SUP-7 de Pontepedriña, onde se levantarán 650 novas vivendas. Os traballos adxudicaranse en outubro e a previsión é que comecen a finais de 2006 ou principios do ano que vén. O orzamento será de 5.944.000 euros.

Ler máis

EDUCACIÓN

Vacacións en paz para os nenos e nenas saharauís

30/06/2006

Ao igual que en anos anteriores, a Concellaría de Educación pon en marcha o programa Vacacións en paz, grazas ao cal un grupo de nenos e nenas saharauís son acollidos por familias compostelás. Estes rapaces e as súas familias santiaguesas foron recibidos polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo e outros membros da Corporación.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Os compradores no comercio compostelán poderán dispor dun servizo de coidado de nenos

29/06/2006

A Concellería de Promoción Económica, en colaboración coa Fundación Santiago Centro Área Comercial e o Centro Comercial Aberto Compostela Monumental, pon en marcha un servizo de coidado de nenos en horario comercial. O servizo está dirixido a rapaces de idades comprendidas entre tres e dez anos e estará dispoñible durante os sábados dos meses de setembro, outubro, novembro e decembro. Tamén haberá unha campaña intensiva no Nadal, en horario de mañá e tarde.

Ler máis

CULTURA

A irlandesa Tara abre a súa xira española no Teatro Principal

29/06/2006

A Concellaría de Cultura de Santiago e Cadena 100 presentan en concerto á cantante internacional Tara Blaise. Será o luns, 3 de xullo, no Teatro Principal ás 21.00 horas e as entradas, gratuítas, pódense recoller nas instalacións de Cadena 100 en Compostela.

Ler máis

CULTURA

GS21 presenta Isolma no Auditorio de Galicia

29/06/2006

Trinta profesionais poñen en escena un espectáculo de música e baile de raíz que conxuga os recursos da tradición galega con outras formas de expresión musicada e danzada. Será na estrea do primeiro espectáculo de GS21, Isolma, o venres 30 de xuño, ás 21.00 horas, na sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia.

Ler máis

HOMENAXE

Compostela homenaxea ás vítimas dos atropelos en Pontepedriña

29/06/2006

Nos anos 70, o antigo vieiro á Estrada, no contorno do grupo de vivendas Quiroga Palacios, en Pontepedriña foi escenario dunha triste marca de atropelos. Dezaoito persoas faleceron ao intentar cruzar a rúa entre 1973 e 1978. O vindeiro sábado 1 de xullo, a asociación Sandra Prego réndelle homenaxe a estas vítimas nun acto no que se descubrirá unha placa na súa honra na Praza de León.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Compostela recolle o premio ISR 2006 á sostibilidade

28/06/2006

A concelleira de Medio Ambiente, Marta Álvarez-Santullano recolleu en Castellón o Premio ISR 2006, que recoñece os resultados obtidos pola cidade en materia de sostibilidade. O xurado deste galardón, outorgado polo Instituto para a Sostibilidade de Recursos (ISR) valorou por unanimidade o conxunto de actuacións postas en marcha polo Concello nos ámbitos económico, social, ambiental e cultural.

Ler máis
Compartir: