ALCALDÍA

Sánchez Bugallo: "A Cidade da Cultura debe ser un proxecto de Estado para Galicia"

29/09/2006

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, manifestou a súa satisfacción pola implicación do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, a propósito da Cidade da Cultura. Ao seu xuízo, esta actuación "debe ser un proxecto de Estado para Galicia" e indicou que "por fin parece que se entra na senda para que sexa un gran proxecto para Galicia".

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Novos cursos no ámbito da atención á terceira idade

29/09/2006

Comeza tres cursos para traballadores en activo. Todos eles sitúanse dentro do ámbito do traballo con persoas da terceira idade: psicomotricidade coa persoa maior, nutrición xeriátrica e traballo de estimulación da memoria en persoas maiores. Deste xeito, configúrase un abano de cursos que cobre as carencias máis demandadas neste sector: coidado físico, psicolóxico e de alimentación.

Ler máis

CULTURA

Os títeres volven a Compostela nunha nova edición de "Galicreques"

29/09/2006

O Festival Internacional de Títeres "Galicreques 2006"chega aos máis diversos escenarios de Compostela na súa XI edición. Convertida xa nunha mostra de referencia a nivel mundial no mundo dos títeres, traerá a compañías de diferentes partes do mundo do 2 ao 8 de outubro. Todo isto, acompañado dunha ampla oferta formativa e expositiva.

Ler máis

TURISMO

A Santiago de Compostela Film Comission presenta a cidade a localizadores norteamericanos

29/09/2006

Unha xuntanza en Madrid permitirá á Santiago de Compostela Film Comission presentar os recursos fílmicos da cidade ante oito destacados expertos na selección de localizacións para rodaxes da industria hollywoodiense. O grupo atópase en España grazas á viaxe de familiarización organizada pola Spain Film Comisión para poñelos en contacto cos principais destinos fílmicos do país.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

O alcalde salienta o compromiso do Concello na creación de novas residencias de maiores a través da cesión de terreos municipais

29/09/2006

Na celebración do primeiro aniversario da Residencia de Maiores Mapfre Quavitae, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, destacou a disposición do Concello a colaborar coa Xunta e outras entidades para pór en marcha novas residencias da Terceira Idade. Sánchez Bugallo manifestou a intención de ceder terreos de titularidade municipal para construír centros que permitan multiplicar de xeito notable o número de prazas coas que actualmente conta Compostela.

Ler máis

CIDADE

O alcalde aposta por preservar o modelo de cidade de convivencia

28/09/2006

"As cidades son un reflexo da sociedade e das necesidades do ser humano", sinalou o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, a propósito dos cambios das urbes e da temática do novo curso que vén de abrirse en Compostela, titulado "Mutacións urbanas". Na súa opinión,"a cidade é unha realidade viva, na que hai que defender o espazo público como espazo de convivencia".

Ler máis

EDUCACIÓN

As aves verifican a boa saúde ambiental de Santiago

28/09/2006

Con motivo da celebración do Día Internacional das Aves, o xoves 5 de outubro, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), en colaboración co Departamento de Educación e Mocidade, organizan un programa de actividades. O obxectivo é contribuír a unha maior sensibilización da poboación de Compostela sobre o medio, neste caso arredor das aves.

Ler máis

MULLER

Clara Campoamor contará cunha rúa en Compostela

28/09/2006

"Tedes o dereito que vos deu a lei, a lei que fixestes vós, pero non tedes o dereito natural fundamental que se basea no respecto de todo ser humano, e o que facedes é detentar un poder; deixade que a muller se manifeste e veredes como ese poder non podedes seguir detentándoo...". Estas palabras foron pronunciadas por Clara Campoamor o 1 de outubro de 1931. Ese día, as Cortes aprobaron o dereito ao voto das mulleres, que quedaría recollido no artigo 36 da Constitución da II República. 75 anos despois, a cidade de Santiago homenaxea a...

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia abre a tempada 2006/07 na Catedral de Santiago

28/09/2006

Por segundo ano consecutivo, a Real Filharmonía de Galicia estrea a tempada de abono do Auditorio de Galicia cun concerto gratuíto na Catedral de Santiago, con Hansjörg Schellenberger como director invitado e Esther Viúdez como solista de óboe, interpretando a Sinfonía núm. 26 "Lamentatione", de F. J. Haydn, o Concerto para óboe en Do maior, KV 314, de W. A. Mozart, e a Sinfonía núm. 4 en do menor, D. 417 "Tráxica", de F. Schubert. A cita é o venres 29, ás 21:00 horas.

Ler máis
Compartir: