ECONOMÍA

O concurso de promoción da cultura emprendedora entre estudantes "Desafío SCQ" abre o prazo de inscrición

18/03/2015

A Concellería de Economía convoca, no marco do programa Santiago Investors Support, o concurso Desafio SCQ, co fin de fomentar a cultura emprendedora entro os estudantes e xerar vínculos entre estes e empresas do Concello de Santiago de Compostela. A convocatoria do concurso está aberta a todo o alumando de 3º e 4º da ESO, Bacharelato e Formación Profesional de Santiago, que conformen un grupo de catro ou cinco membros, titorizados por un docente do seu centro para desenvolver un dos desafíos propostos.

Ler máis

CULTURA

Cancelado o concerto de Richard Bona por enfermidade do artista

18/03/2015

A axencia de Richard Bona vén de anunciar ao Concello que se ven na obriga de cancelar a xira española do artista camerunés prevista este mes de marzo por motivos de saúde. Queda cancelado, polo tanto, o concerto previsto para este domingo, 22 de marzo, no Teatro Principal, dentro do ciclo Jazz 1906.

Ler máis

CONSORCIO

A violinista rusa Alina Pogostkina formará neste instrumento a músicos galegos

18/03/2015

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. Ao longo do ano ofrécese a posibilidade de asistir a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana, a afamada violinista rusa Alina Pogostkina formará neste instrumento tanto aos alumnos da escola como a intérpretes externos interesados en perfeccionar a súa interpretación co violín.

Ler máis

CULTURA

Lars Vogt abre o Ciclo de Piano Ángel Brage

18/03/2015

O ciclo de Piano Ángel Brage, que se celebra dentro do Programa de Abono de Auditorio de Galicia, chega á súa VII edición. Inaugúrase este xoves 19 de marzo co alemán Lars Vogt, no Auditorio de Galicia. Tras el, o 24 de abril estará Herbert Schuch e pecharase o 14 de maio co debut en Compostela de Alexandre Tharaud. Todos serán ás 21.00 horas.

Ler máis

ALCALDÍA

Hernández destaca o traballo constante de Proxecto Home na procura da prevención, da inserción e da rehabilitación

18/03/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugurou, xunto co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a VII Exposición "Arte e Solidariedade". XXV aniversario de Proxecto Home Galicia, que estará no Museo do Pobo Galego ata o 26 de abril. A mostra, segundo explicou, acolle arredor dun centenar de obras e de artistas que "estenden a súa sensibilidade máis alá das súas creacións, nun xesto que amplifica a calidade do seu traballo".

Ler máis

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

O Concello celebrará os días da Árbore e da Auga cunha plantación no Parque Avilés de Taramancos e cun concurso de debuxo

17/03/2015

A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, acompañada polo acompañada responsable Parques e Xardíns, José Antonio Mosquera, e do xerente en Santiago de Ferrovial Servizos (concesionaria do mantemento de zonas verdes), Luis Incera presentou as actividades con motivo do Día da Árbore e do Día da Auga, que se celebrarán o 21 e o 22 de marzo, respectivamente. O acto central deste ano será una plantación de árbores no Parque Avilés de Taramancos. Ademais, convocouse un concurso de...

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio destinará este ano 1.347.310 euros a rematar o primeiro Centro Nacional de Formación en Materia de Rehabilitación que existirá en España

17/03/2015

O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá Comisión Executiva e Consello de Administración, presididos polo alcalde da cidade e presidente do organismo, Agustín Hernández. Entre os temas abordados destaca a sinatura dun convenio coa Fundación Laboral da Construción para rematar as obras do Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación, situado na antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba, para o que o Consorcio aportará este ano 1.347.310,36 euros.

Ler máis

DEPORTES

Máis de 850 persoas xa se inscribiron na Gladiator Race do Monte do Gozo

17/03/2015

A Gladiator Race, que se celebrará o vindeiro 27 de xuño no Monte do Gozo, tivo esta mañá a súa presentación oficial ante os medios. O acto, celebrado no Hotel Puerta del Camino, contou coa presenza do organizador do evento, o ex ciclista do Xacobeo Galicia e presidente de AD Top Ten Sports, Serafín Martínez; da concelleira de Deportes de Santiago, María Corral; e representantes dalgunhas das empresas patrocinadoras como Lina Portela (Augas de Mondariz), Xosé Santiso (Fogar do Santiso) e Sonia Fernández...

Ler máis
Compartir: