URBANISMO
A dotación residencial da zona do Castiñeiriño increméntase con 382 novas vivendas
A Xunta de Goberno do luns 12 aprobará definitivamente o proxecto de urbanización do Sunp-14, denominado "Tras Paxonal", o que se construirán 382 novas vivendas, das cales 300 serán protexidas. Este novo espazo residencial sitúase tralo restaurante Paz Nogueira e en paralelo á Avenida de Santiago de Cuba.
ALCALDÍA
Compostela e A Toscana, unidos polas rotas xacobeas
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao presidente do Consello Rexional da Toscana, Riccardo Nencini, que está de visita en Galicia.
EDUCACIÓN
Novos visitantes para a mostra "Plantando libros"
O Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche acolleu a visita dos alumnos do CEIP Colexiata de Sar e do Colexio M. Peleteiro á exposición "Plantando libros".
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O recinto feiral de Amio acollerá un mercado de saldos
O concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, presentou a convocatoria para que os comerciantes participen de forma gratuita en "Outlet Compostela", a primeira de saldos que se celebra en Santiago; e o microsite sobre o programa de dinamización comercial Marzo, mes do Comercio, no que está incluído o Outlet, e ao que se pode acceder dende a páxina da Concellaría www.maiscompostela.org.
EIXO ATLÁNTICO
O Eixo Atlántico presenta a Axenda Estratéxica 2007-2013
Os alcaldes dos 18 principais concellos de Galicia e o norte portugués celebran mañá en Vila Nova de Gaia a súa XXIII Asemblea Xeral. As infraestruturas e a Axenda Estratéxica a desenvolver nos próximos sete anos centrarán as sesións de traballo. Nesta xornada, ademais, o Eixo Atlántico cambiará a súa forma xurídica e converterase nunha Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT), a fórmula aconsellada pola UE.
EDUCACIÓN
Unha nova unidade didáctica achega aos escolares o fenómeno da inmigración
Durante os últimos tres anos, o Foro de Inmigración, en colaboración coa Concellaría de Educación e Mocidade, leva desenvolvendo diferentes campañas de sensibilización do alumnado compostelán ante o fenómeno migratorio. Froito das experiencias acumuladas neste tempo, xorde a unidade didáctica "En cada rostro igualdade".
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo cualifica o compromiso do Goberno español coa Cidade da Cultura como "un gran triunfo para Galicia"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou a súa satisfacción polo compromiso asumido polo presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, respecto á Cidade da Cultura. O feito de que o Executivo español cualifique esta obra coma un "proxecto de Estado" foi cualificado polo alcalde coma "un gran triunfo para Galicia".
PLENO
Carlos Nieves e Guadalupe Rodríguez tomaron posesión como concelleiros
O pazo de Raxoi acolleu un pleno extraordinario con dous asuntos na orde do día: a toma de posesión de Carlos Nieves e Guadalupe Rodríguez coma novos concelleiros e a aprobación definitiva dos orzamentos municipais para o ano 2007.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Villestro explora a súa historia
No Local Social de Villestro, no lugar de Quintáns, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a exposición sobre o barrio de Villestro incluída dentro do programa "A historia vai por barrios".
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A historia chega a Villestro
O Centro Sociocultural de Villestro acollerá dende o mércores 7 a terceira exposición das organizadas dentro do proxecto "A historia vai por barrios". Trala Trisca e A Rocha, recupérase agora a memoria histórica dun barrio rural cunha longa historia e de singular transcendencia para o desenvolvemento da cidade.