RELACIÓNS VECIÑAIS

Novos cursos para as entidades veciñais

03/05/2006

A Concellaría de Relacións Veciñais programa unha serie de cursos formativos dirixidos ás asociacións de veciños de Santiago. A asociación sen ánimo de lucro Turmalina encargarase de impartir estas sesións formativas, que se desenvolverán nos centros veciñais.

Ler máis

EDUCACIÓN

O IES de Sar gaña o XI Certame de Teatro Intercentros

03/05/2006

A obra "A derradeira promesa", representada polo Insituto de Ensino Secundario de Sar foi a gañadora do XI Certame de Teatro Intercentros de Compostela e comarca. Os rapaces deste centro terán a oportunidade de representar a súa obra no Teatro Principal o luns 8 de maio ás 20:00 horas.

Ler máis

SERVIZOS

O portal web municipal ofrecerá novos servizos ós cidadáns

03/05/2006

Unha nova aplicación informática permitirá en breve a publicación de novos servizos a través da carpeta cidadá do portal web do Concello. Deste xeito, darase un paso máis cara a conseguir unha oficina de atención virtual cada vez máis completa e con maiores facilidades para o usuario.

Ler máis

EDUCACIÓN

O Teatro Principal acolle o I Certame de Danza Intercentros

03/05/2006

A danza é a protagonista do I Certame de Danza Intercentros de Compostela, que se celebrará o sábado 6 de maio, ás 18:00 horas, no Teatro Principal. Nesta iniciativa participan cinco centros composteláns, que representarán diversas coreografías clásicas e modernas.

Ler máis

EDUCACIÓN E MOCIDADE

Dous concertos da Real Filharmonía de Galicia poñen o broche final ao ciclo de Concertos Didácticos

03/05/2006

O ciclo Concertos Didácticos que o Auditorio de Galicia ofrece aos escolares en colaboración cos centros educativos, finaliza con dous concertos da orquestra Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave, interpretando a Historia de Babar de F. Poulenc, con Blanca Cendán como narradora. Os concertos terán lugar os vindeiros xoves, 4 e venres, 5 en sesión dobre, ás 10:00 e ás 12:00 h. Ás sesións deste espectáculo asistirán catro mil escolares, procedentes de centros de Santiago de Compostela,...

Ler máis

EDUCACIÓN

Ábrese o prazo de preinscrición da Escola Municipal de Música

02/05/2006

A Escola Municipal de Música abre o prazo de preinscrición para o curso 2006-2007. Un ano máis, ofrece ensinanzas de música e movemento para rapaces de catro a sete anos, así como diversas especialidades instrumentais para alumnos a partir de oito anos. O prazo permanecerá aberto ata o 31 de maio.

Ler máis

EDUCACIÓN

Primeiros alumnos para a Escola Infantil Municipal de Fontiñas

02/05/2006

A Escola Infantil Municipal de Fontiñas contará este vindeiro curso cos seus primeiros 61 alumnos. Con esta fin, dende o mércores 3 de maio e ata o 31 deste mesmo mes, permanecerá aberto o prazo para solicitar praza nas súas catro aulas. A Escola está dirixida a nenos e nenas do primeiro ciclo de educación infantil con idades de tres meses a tres anos.

Ler máis

SERVIZOS SOCIAIS

O Concello promove a sensibilización e promoción do voluntariado

02/05/2006

"Sácalle punta e participa" é o título dunha campaña coa que se pretende sensibilizar ós máis novos sobre a importancia da actividade do voluntariado. Esta iniciativa desenvólvese nos centros de bacharelato e formación profesional da cidade a través dun xogo de rol chamado "A pequena cidade", na que os mozos e mozas a partir de 16 anos se implican na busca de solucións a unha situación determinada.

Ler máis
Compartir: