CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Consello de Centros Socioculturais reúnese no novo centro do Ensanche

13/09/2006

O novo centro sociocultural e xuvenil do Ensanche (Rúa Frai Rosendo Salvado, nº 14-16), acollerá o xoves 14, ás 18:00 horas, a reunión do Consello de Centros Socioculturais. Este centro, incorporado hai pouco á Rede de Centros Socioculturais, leva xa funcionando dende principios de verán, pero inaugurarase oficialmente entre este mes e o vindeiro.

Ler máis

CURTOCIRCUÍTO

As mellores curtas galegas de 2005 proxectaranse na Praza de Abastos

13/09/2006

A novena proxección semanal de CurtoCircuíto na Rúa, que ía ser no Parque de Belvís, trasládase, ante a previsión de choiva, á Praza de Abastos. Agárdase xuntar ao público habitual nesta praza, incrementando as máis de 3.000 persoas que xa teñen gozado do cinema en curto e maila música en directo que ofrece este Festival.

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia trunfa en Sao Paulo nos primeiros concertos da súa xira

13/09/2006

A Real Filharmonía de Galicia iniciou a súa xira por Latinoamérica con dous concertos en días consecutivos na cidade brasileira de Sao Paulo, dentro do ciclo organizado pola máis prestixiosa sociedade de cultura artística do país. Este ciclo está considerado entre os máis importantes de América Latina e, ademais da Real Filharmonía, conta coa participación esta tempada de Ilan Volkov coa Orquestra da BBC, Vadim Repin, Alte Musik Berlin, ou Les Musiciens du Louvre, entre outros.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello colabora coa Asociación Española contra o Cáncer

13/09/2006

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu na Casa do Concello á presidenta da Asociación Española contra o Cáncer (AECC), Luz María Hernández. Durante o encontro, o alcalde fixo entrega á asociación dun pequeno donativo para contribuír ás súas actividades.

Ler máis

CASCO HISTÓRICO

O Concello precinta dúas tendas do Casco Histórico que abriron sen licenza e que non respectaban a ordenanza de condicións dos locais

13/09/2006

Dous negocios de máquinas expendedoras situadas na rúa Bautizados e na avenida de Figueroa foron precintadas pola Policía Local con acta dos servizos xurídicos municipais. Ámbolos dous establecementos comezaron a exercer a súa actividade sen ter as correspondentes licenzas de obras de acondicionamento e de apertura e, ademais, incumprían a normativa de aplicación vixente no que se refire a ruídos e actividades molestas. O Concello está a tomar medidas contra a proliferación deste tipo de locais porque non responden...

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Inaugurado o curso "Domótica: vivendas intelixentes"

12/09/2006

O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, inaugurou oficialmente o curso ‘Domótica: vivendas intelixentes’, organizado por esta Concellaría ao abeiro do Plan FIP. Esta actividade formativa ten carácter experimental, xa que é a primeira vez que se organiza un curso sobre está temática na bisbarra compostelá. O curso desenvólvese nas dependencias que a Concellaría ten na rúa Pérez Constanti e nel toman parte 15 alumnos con coñecementos en electrónica,...

Ler máis

CULTURA

"A cidade interpretada" invita a reflexionar sobre a arte e os espazos públicos de Compostela

12/09/2006

Amosar que a obra de arte situada no espazo público pode ser un estímulo en un medio de conciencia da presenza activa dos cidadáns é o obxectivo do proxecto "A cidade interpretada". Trátase dunha iniciativa da Concellaría de Cultura que xira arredor do binomio arte e espazo público e que terá lugar, baixo o comisariado de Pablo Fanego, de setembro a decembro do 2006.

Ler máis
Compartir: