UMAD
Un DVD recolle o traballo do programa de prevención "Kamelamos guinar"
A Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD) acolleu a presentación dun DVD que reflicte o traballo que se realiza no programa de prevención "Kamelamos Guinar" (Queremos contar, en caló).
EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN
Inaugurada a nova sede da Concellaría de Emigración e Inmigración
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a nova sede da Concellaría de Emigración e Inmigración, situada na Praza de Camilo Díaz Baliño, 15, baixo.
ALCALDÍA
O alcalde de Paredes solicita a colaboración do Concello para a posta en marcha dunha volta ciclista entre Galicia e Portugal
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao alcalde do municipio portugués de Paredes, Celso Manuel Gomes Ferreira. Ámbolos rexedores intercambiaron impresións sobre asuntos coma o turismo ou o deporte e amosaron a súa disposición a colaborar nalgún proxecto.
CULTURA
Concerto extraordinario da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia
A Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia, acompañada da pianista Laia Masramon Vendrell e baixo a dirección de James Judd, ofrecerá un concerto o sábado 10, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. A entrada é de balde.
CULTURA
Exposición da obra máis recente de Antonio Murado
O Centro Sociocultural da Fundación Caixa Galicia (Carreira do Conde, 18) acollerá ata o 7 de abril unha exposición dedicada á obra máis recente de Antonio Murado. A mostra foi inaugurada nun acto ao que asistiron, entre outros, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, ou concelleiro de Cultura, Néstor Rego.
TURISMO
Santiago celebrará en febreiro de 2008 o seu primeiro foro gastronómico
O I Fórum Gastronómico Santiago’08 ‘As cociñas do Atlántico’, será presentado ao sector turístico compostelán o martes 14 de febreiro, e a nivel nacional en Girona entre o 17 e 21 de febreiro, segundo anunciou o concelleiro de Turismo, Francisco Candela.
MULLER
O Concello dedicará o Día Internacional da Muller a nove traballadoras do campo da ciencia e a investigación
O vindeiro 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Santiago homenaxeará a nove científicas e/ou investigadoras que residen en Santiago. Así o anunciou a concelleira da Muller, Adelaida Negreira, nunha rolda de prensa no Pazo de Raxoi.
EIXO ATLÁNTICO
O Eixo Atlántico acada o compromiso da Xunta e do goberno portugués para finalizar o AVE Vigo-Porto no 2013
O presidente do Eixo, Xosé A. Sánchez Bugallo valora positivamente o compromiso e apela ao esforzo común para poñer en marcha os tramos que aínda non están licitados. Durante a XXIII Asamblea, a institución aprobou a Declaración de Gaia e converteuse nunha Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT), a fórmula aconsellada pola UE.
INFRAESTRUTURAS
O alcalde constata a boa disposición do ADIF respecto ao proxecto da estación do AVE
Xosé A. Sánchez Bugallo expresou a súa satisfacción polo resultado da reunión mantida en Madrid, o luns 5 de febreiro, con representantes do Ministerio de Fomento, do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) e de Política Territorial. O alcalde destacou que "estamos no bo camiño", xa que por primeira vez, o ADIF amosouse disposto abandonar o seu proxecto inicial de construír un gran centro comercial enriba da futura nova estación do AVE.
URBANISMO
Medio Ambiente remite o seu informe respecto o PXOM
A Consellería de Medio Ambiente remitirá o venres 9 o seu informe sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Santiago. Polas informacións que afirmou ter o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, o pronunciamento será positivo e o departamento autonómico unicamente pedirá algunha aclaración.