ALCALDÍA

A nova comisaría da Policía Nacional en Santiago estará lista para o outono

04/05/2011

O novo delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo, realizou a súa primeira visita institucional ao Concello, onde se reuniu co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Foi momento para repasar as actuacións que o Goberno ten en marcha ou vai iniciar en Santiago, como o túnel do Hórreo, a terminal de Lavacolla ou o novo cuartel da Policía Nacional, entre outros.

Ler máis

CULTURA

Novas seccións que abordan a realidade social na VIII edición de Curtocircuíto

04/05/2011

Cine-concerto na inauguración, modificacións na sección Compostelae, un concurso das escolas galegas e un encontro dos centros audiovisuais de Galicia e novas seccións sobre temática social son as novidades deste VIII edición de Curtocircuíto, Festival Internacional de Curtametraxes. O evento, que comeza o veneres 6 de maio, foi presentado pola concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde; Tim Redford, director do Festival, e Jorge Coira, director de cine e membro do xurado das distintas competicións.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello achega case 60.000 euros a sete asociacións do ámbito sociosanitario

04/05/2011

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou sete convenios con outras tantas entidades do ámbito sociosanitario, ás que o Concello achega un total de 58.535 euros. As entidades asinantes foron: Asociación Síndrome de Down, Asociación de Pais de Persoas con Trastornos do Espectro Autista da Provincia da Coruña (ASPANAES), Fundación Secretariado Xitano, Asociación de Persoas Xordas de Santiago, Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (ASPAS), Fundación Monte do Gozo-Proxecto...

Ler máis

INFRAESTRUTURAS

Tres actuacións comezan á reurbanización interior do barrio de Vista Alegre

03/05/2011

O barrio de Vista Alegre dará un "salto na súa calidade urbana" coa reurbanización das súas rúas e prazas, contemplada na iniciativa Urbana Santiago Norte, financiada con fondos FEDER. Así o indicou o concelleiro de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, que explicou as tres primeiras actuacións na praza de Álvaro Cunqueiro, na rúa de Noia e na rúa paralela ao parque de Xoán XXIII.

Ler máis

CIRCULACIÓN VIARIA

A reserva de prazas para residentes estenderase ao casco histórico en 2012

03/05/2011

A concelleira de Circulación Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, anunciou que a implantación das zonas de estacionamento para residentes estenderase nunha segunda fase á zona histórica. Será en 2012, unha vez rematada a primeira fase, da que aínda faltan por completarse as zonas de Sar, San Lourenzo, Pelamios, Vista Alegre e Santa Marta.

Ler máis

EDUCACIÓN

As dúas mellores obras escolares do Certame de Teatro Intercentros representaranse no Principal os días 16 e 18 de maio

03/05/2011

O XVI Certame de Teatro Intercentros alcanzou unha nova edición, convertido xa nunha cita tradicional do calendario educativo do curso. Organizado pola Concellería de Educación e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Santiago, o evento conta este ano con 14 representacións, que poñen en escena os alumnos de dez centros escolares.

Ler máis

EDUCACIÓN

A Escola Municipal de Música incorpora novas propostas para o curso 2011-2012

03/05/2011

A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, acompañada pola directora e xefe de estudos da Escola Municipal de Música, Sara Domínguez e Mario Diz, deu a coñecer os prazos de matriculación da Escola Municipal de Música. Para este novo curso, o centro fai unha aposta decidida por materias como a música tradicional, a ensinanza infantil, a música moderna ou a danza.

Ler máis

CULTURA

Les Slovaks traen dous espectáculos a SCQ Danza: "Whitin" e "Journey Home"

03/05/2011

O ciclo SCQ Danza, que organiza a concellaría de Cultura, ten unha nova cita no calendario o mércores 4 e o xoves 5 con Les Slovaks. É o derradeiro dos espectáculos que a Concellaría ofrece este semestre dentro deste programa dedicado á danza contemporánea, logo de que por motivos alleos á organización houbera que pospoñer o espectáculo de Experimentadanza previsto para o mes de xuño.

Ler máis
Compartir: