TURISMO

Turismo promociona a cidade nunha edición de Turexpo dedicada ao Camiño

20/03/2015

Turismo de Santiago promocionará a cidade na quinta edición de Turexpo, a Feira Internacional de Turismo de Galicia, que se celebrará en Silleda entre o 20 e o 22 de marzo. A edición deste ano estará dedicada ao Camiño de Santiago como eixo vertebrador dunha ampla oferta turística que percorre aldeas, vilas e cidades de toda Galicia e remata na Praza do Obradoiro.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Concello concede a licenza para o novo Centro de Acollida de Peregrinos en Carretas

19/03/2015

A Xunta de Goberno deu o visto bo á licenza de obra para o Centro de Acollida de Peregrinos que o Arcebispado de Santiago construirá no número 33 da rúa Carretas. Tal como explicou o alcalde, Agustín Hernández, autorízase así a rehabilitación do edificio para o seu novo uso, a través dun proxecto que conta cun orzamento de execución de 1.076.464 euros –achegado pola Axencia de Turismo de Galicia- e un prazo de execución de 6 meses, desenvolverase nunha finca que ten unha superficie total de 6.547 m2, dos que...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Concello prepara a XVII Festa dos Maiores

19/03/2015

Na súa sesión ordinaria, a Xunta de Goberno iniciou o procedemento para contratar a organización dunha nova edición da Festa dos Maiores, que un ano máis se celebrará no marco das Festas da Ascensión. O Concello volverá asumir 2/3 do prezo deste xantar, polo que os asistentes deberán pagar só 7 euros.

Ler máis
Compartir: