MOBILIDADE
Os aparcadoiros públicos conxelan as súas tarifas para este ano 2010
Os tres aparcadoiros xestionados pola Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA) foron utilizados en 2009 por 201.181 vehículos en rotación. Estes tres estacionamentos, os de Xoán XXIII e Belvís e a dársena de autobuses de Xoán XXIII conxelan as súas tarifas cara 2010.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Os comercios premiados no Concurso de Escaparatismo Fórum Gastronómico 2010 recibirán unha cea de balde
A organización do Fórum Gastronómico 2010 premiará aos tres comercios clasificados en primeiro lugar no Concurso de Escaparatismo Fórum Gastronómico cunha cea de balde para dúas persoas nalgún dos restaurantes que participan no evento. O martes 9 de febreiro remata o prazo para inscribirse no certame, organizado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo.
ALCALDÍA
O alcalde presentoulle ás asociacións de veciños a reurbanización do tramo Galeras-Salvadas-Vista Alegre
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse coas asociacións de veciños de Brañas de Andrés e de Galeras para presentarlles o proxecto de reurbanización do tramo comprendido polas rúa Galeras, Salvadas e Vista Alegre. O proxecto será presentado publicamente o martes 9.
ALCALDÍA
A Rocha reivindica a camelia como flor do Camiño portugués
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou unha exposición sobre a camelia no centro sociocultural da Rocha Vella.
ALCALDÍA
O alcalde demanda unha conexión por autobús co aeroporto de Lavacolla desvinculada da liña regular
"O aeroporto de Lavacolla precisa un servizo que non derive da liña entre Santiago e Lugo", defende o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, a propósito da demanda dunha mellor conexión por estrada entre o aeródromo e a cidade. Recordou que a actual liña regular é unicamente competencia autonómica e non descartou que a solución se enmarque dentro do Plan de Transporte Comarcal.
ALCALDÍA
A Administración municipal, na escola
Un grupo de alumnos e alumnas do IES Antón Fraguas, de Fontiñas, están a realizar un traballo sobre a Administración municipal, no marco do programa educativo europeo Comenius. Con esta fin, foron recibidos en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
TURISMO
O Fórum Gastronómico rende homenaxe á historia da gastronomía galega
O Museo do Pobo Galego albergará a mostra Ao pé do lar, promovida por Turismo de Santiago co patrocinio de Galicia Calidade e coa colaboración especial da Fundación Caixa Galicia. A mostra inaugurarase oficialmente o venres 5 de febreiro, ás 19:30 horas, e poderá verse ata o 7 de marzo.
DEPORTES
Santiago acolle o X Campionato Galego de Grupos Show de Patinaxe Artística
O sábado 6 de febreiro, a partir das 17:00 horas, celebrarase no pavillón polideportivo de Santa Isabel o X Campionato Galego de Grupos Show de Patinaxe Artística. Participarán uns 250 patinadores neste torneo, clasificatorio para competir no de campionato español, que se celebrará no mes de marzo en Pamplona.
URBANISMO
As sete grandes cidades de Galicia apostan por un urbanismo como ferramenta de reequilibrio e cohesión social
Os concelleiros de Urbanismo das sete grandes cidades galegas mantiveron en Ferrol unha xuntanza de traballo para abordar a ordenación do territorio, expor problemas comúns e promover solucións conxuntas.
ALCALDÍA
Compostela conta cun novo referente sociocultural en pleno centro histórico
Caixanova inaugurou cun multitudinario acto social a súa nova sede en Santiago de Compostela, un espectacular edificio de finais do século XIX, situado na céntrica praza de Cervantes. Converterase a partir de agora nunha referencia sociocultural da cidade e contribuirá a dinamizar o corazón do casco histórico.