ALCALDÍA
Os escolares de Santiago conmemoran o 70 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos
O Teatro Principal acolleu esta mañá un acto de conmemoración do 70 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, no que participaron máis de 300 escolares dos centros de primaria e secundaria de Compostela, así como o alcalde, Martiño Noriega, e membros da Corporación.
CONSORCIO
O clarinetista finlandés Kari Kriikku toca esta semana coa RFG o "Concerto para clarinete" que Magnus Lindberg compuxo para el
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana tres concertos. O primeiro será o mércores 12 no Teatro Afundación de Vigo, ás 20:30 horas, dentro da tempada de música clásica da Sociedade Filharmónica de Vigo e Afundación. O xoves 29, a orquestra tocará en Santiago, no Auditorio de Galicia, tamén ás 20:30 horas, no marco da súa tempada de abono. E o venres 14, a RFG trasladarase á Coruña, onde tocará no Palacio da Ópera da cidade, ás 20:30 horas.
ALCALDÍA
Cirque du Soleil chega a Compostela en febreiro de 2020 co seu célebre espectáculo "Corteo"
Corteo, unha das producións máis célebres producións do Cirque du Soleil, chegará a Compostela no marco da súa xira europea. Grazas á colaboración do Concello de Santiago, o espectáculo estará no Multiúsos Fontes do Sar con sete sesión do 5 ao 8 de febreiro de 2020.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicada a construción do novo equipamento de ocio de Lavacolla e iniciada a licitación de obras en Verdía e Figueiras
A Xunta de Goberno abordou hoxe tres importantes proxectos para a zona rural de Santiago, que suporán un investimento total de medio millóns de euros.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a Oferta de Emprego do Concello para 2018, que contempla 45 prazas
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a oferta de emprego do Concello para este ano 2018, que contempla 45 prazas. Delas, 10 delas serán da convocatoria de promoción interna e 35 de quenda libre. Desta maneira, o Goberno "responde ás necesidades máis urxentes de persoal da administración municipal, dentro do escaso marxe que permite a lei por mor da taxa de reposición". Entre as novas prazas, destacan as do servizo de extinción de incendios ou a dotación, por vez primeira, dun fagotista para a Banda Municipal de Música.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Concello de Santiago conmemora cos centros escolares o 70 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou hoxe a actividade que organiza o concello co gallo do 70 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, "o documento máis influínte do século XX e un código de desexos e aspiracións universais da Humanidade", tal e como o definiu o edil, quen lamentou que "estes dereitos non estean aínda asegurados para toda a poboación mundial".
ALCALDÍA
Recepción ás familias participantes no Encontro de Familias de Persoas con Síndrome de Down
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado doutros integrantes da Corporación, recibiu unha representación das familias participantes no XVIII Encontro Nacional de Familias e no X Encontro Nacional de Irmáns de Persoas con Síndrome de Down, que se celebran na cidade do 6 ao 9 de decembro.
ALCALDÍA
O campo de fútbol e de rugby da USC reabre despois dunha remodelación cofinanciada polo Concello
Hoxe reabriu as súas portas o campo de fútbol e de rugby da USC, despois dunha profunda remodelación que foi financiada polo Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, a Federación Galega de Fútbol e a propia Universidade de Santiago. Tras as obras, as instalacións poderán ser utilizadas por equipos federados de Compostela.
ALCALDÍA
Asinados os convenios para a posta en marcha da ludoteca "María Miramontes" e a compra do Legado Maside
O alcalde, Martiño Noriega, e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, asinaron hoxe tres convenios de colaboración que supoñen unha achega do organismo provincial de máis de medio millón de euros para temas de especial importancia para a cidade: a posta en marcha do Centro Educativo e de Lecer "María Miramontes", a adquisición do legado Maside para a súa exposición permanente e a actividade cultural do Auditorio de Galicia.
MOCIDADE
O Centro Xove da Almáciga acolle un concerto das bandas compostelás que participaron no obradoiro "Jam de Barrio"
Chegan á súa fin os dous primeiros obradoiros de Jam de Barrio para a profesionalización das bandas emerxentes de Compostela, unha actividade elixida pola mocidade no proceso de Orzamentos Participativos deste 2018.